Becerreá, 05 de outubro de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Becerreá, a través da súa portavoz, María Jesús Roldán, vén de resaltar a implicación reiterada que a Xunta de Galicia está a demostrar co municipio.
Esta afirmación posta de manifesto pola popular responde a achega económica que a administración autonómica, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder a Becerreá para a mellora de camiños rurais.
Deste xeito, o departamento que dirixe Rosa Quintana e en concreto, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), concede ao municipio máis de 58.000 euros, -58.459,46 euros-, para a realización de actuacións de ampliación, mellora e mantemento en pistas agrarias e camiños rurais.
Esta resolución da Xunta de Galicia está enmarcada no Programa de mellora de camiños de titularidade municipal, que engloba a presente anualidade e o 2014. Polo tanto, a contía aprobada distribúese, concretamente, en 27.573,19 euros para melloras en infraestruturas de comunicación durante o 2013; xunto a outros 30.886,27 euros para acometidos durante o 2014.
Polo tanto, os populares agradecen esta actitude activa da Xunta de Galicia co municipio, a que contrapoñen á inacción dun rexedor local demostrada na xestión de asuntos de vital importancia para o concello.
Importante reivindicación dos veciños
María Jesús Roldán considera que a adecuación de camiños no rural é unha das principais reclamacións dos veciños, ao tratarse dunha mellora que reincide directamente e de forma moi positiva no día a día dos veciños, especialmente naqueles que viven en núcleos máis afastados das zonas céntricas.
A popular considera que esta subvención de apoio á mellora de infraestruturas rurais do concello contribuirá a optimizar os accesos e as comunicacións a través da rede viaria de titularidade municipal e, polo tanto, contribuirá á fixación da poboación no rural e á diversificación económica
ESTRADAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL QUE PROPÓN O PP DE BECERREÁ PARA INCLUÍR NO PROGRAMA DE MELLORA
Debido ao mal estado e ao deterioro que presentan, os populares de Becerreá piden o acondicionamento das seguintes estradas:
1. De Ferreiros a Narón
2. De A Lagua a Curro
3. De Cascalla a Lagua
4. De Bullán a Tucende
5. De Narón a Chao de Eiros
6. De Ousón a Morcelle
7. De Cruzul a Vilar
8. De Ferreiros a Ferrañol
9. De Eixibrón a Pena do Pico
10. De Colegio de Todón a Camiño Lagua
11. De Armesto a Vilouta
12. Do Campo de Tiro a Alta Montaña
13. De Lamas a Cabanela Pena do Pico