Partido Popular de Lugo

O bipartito provincial adebeda aos concellos da Mariña máis de 1,8 millóns de euros do SAF Básico durante 2012 e 2013

A Mariña, 03 de outubro de 2013.- O Partido Popular de Lugo denuncia que o bipartito da Deputación Provincial, liderado por José Ramón Gómez Besteiro e Antón Veiga, adebeda aos concellos da Mariña máis de 1,8 millóns de euros do SAF Básico durante as anualidades 2012 e 2013.

Os populares explican que estas cifras son froito de que a administración provincial lucense está a incumprir a normativa vixente en materia social e de benestar e, moi en concreto, en relación co financiamento obrigado por lei dos servizos municipais de axuda no fogar, converténdose na única Deputación galega que desoe o actual precepto legal.

Dende o Partido Popular lembran que o bipartito provincial chega ao absurdo de incumprir unha Lei -a 3/2008 de Servizos Sociais- que socialistas e nacionalistas aprobaron en 2008 durante a súa etapa de goberno na Xunta. Tanto esta lei como a normativa que a desenvolve (Decreto 99/2012) establecen a obriga de que as Deputacións acheguen os recursos suficientes para financiar nos concellos de menos de 20.000 habitantes o servizo de axuda no fogar básico (persoas dependentes) e a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.

Deste xeito, o bipartito provincial deixa sen cubrir o total do custe do SAF Básico, achegando meras contías económicas que os populares tachan de “calderilla” en función do que estarían obrigados a pagar por lei, e que non garanten este servizo na  provincia.

Unha situación que repercute nas arcas municipais e nos usuarios pese a existir dispoñibilidade orzamentaria na Deputación de Lugo.

Este incumprimento da Deputación Provincial de Lugo reflicte de forma negativa nos concellos da comarca que se ven na obriga de asumir con cargo aos seus orzamentos a contía económica que Gómez Besteiro e Antón Veiga se negan a sufragar aos municipios.

Tanto é así que este 1,8 millóns de euros tivo que ser achegado ou polo concello ou polos usuarios dado que, en algúns casos, esta pésima xestión do equipo de goberno provincial provocou o incremento das taxas a pagar polas veciños.

Os populares censuran estar ante uns nefastos xestores xa que aínda que existen recursos suficientes para financiar este servizo, non son capaces de investilos, ao deixar no 2011 máis de 140.211 euros sen executar na área de Benestar.

Gómez Besteiro prioriza a súa proxección pública a garantir o Benestar na provincia

Mentres desatende esta obrigación que lle vén imposta por lei, Gómez Besteiro e Antón Veiga si destinan inxentes cantidades de diñeiro para outras accións é o caso de gastos en propaganda ou en actos protocolarios.

Polo tanto, Gómez Besteiro e Veiga están obrigados por lei a sufragar o SAF Básico nos concellos de menos de 20.000 habitantes, dispoñen de diñeiro para facelo, pero prefiren deixar estas partidas sen executar ou investilas noutras áreas que permiten unha mellora na proxección pública do presidente socialista.

O actual presidente provincial destina 1,2 millóns de euros, -partida de propaganda e actos protocolarios-, a mellorar a súa imaxe a costa do diñeiro dos lucenses, mentres os máis necesitados se ven esquecidos por unha goberno provincial insensible que amosa non interesarlle nin os maiores, nin os dependentes.

CONCELLO

 

Adebeda 2012

 

Adebeda 2013

 

Total

 

ALFOZ

 

26.440,86

 

41.218,1

 

67.658,96

 

BARREIROS

 

28.488,19

 

87.215

 

115.703,19

 

BURELA

 

25.273,98

 

31.283,68

 

56.557,66

 

CERVO

 

40.719,92

 

31.200

 

71.919,92

 

FOZ

 

25.796,26

 

32.658,52

 

58.454,78

 

LOURENZA

 

9.148,22

 

38.460,62

 

47.608,84

 

MONDOÑEDO

 

39.391,6

 

80.801,45

 

120.193,05

 

OUROL

 

14.881,09

 

59.734,66

 

74.615,75

 

PONTENOVA

 

 

16.863,68

 

16.863,68

 

RIBADEO

 

56.425

 

142.800,73

 

199.220,73

 

RIOTORTO

 

34.294,24

 

12.139

 

46433.24

 

TRABADA

 

23.395,12

 

57.339

 

80734,12

 

VALADOURO

 

26.870

 

56.650,45

 

83520,45

 

VICEDO

 

29.350,13

 

63.922,8

 

93.272,93

 

VIVEIRO

 

34.543

 

209.543

 

244.086

 

XOVE

 

294.702,86

 

220.666,24

 

515.369,1