Partido Popular de Lugo

Barreiro: “os orzamentos para 2014 recuperan o rigor que perderon durante os anos de goberno socialista”

3 de outubro de 2013.- Ante as nefastas e demagóxicas declaracións verquidas polos diferentes políticos socialistas no tocante á valoración dos orzamentos xerais do estado para 2014, o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, lamentou hoxe que o PSOE continúe anclado na súa labor da mentira e de alertar aos cidadáns con falsos mensaxes e declaracións fora de contexto.

Asegurou Barreiro que nunca un goberno tivo tan presente a provincia lucense coma o de Mariano Rajoy e proba diso vese en que Lugo recibirá 99,12 millones de euros para estradas, o que a convirte na cuarta provincia con maior inversión de Fomento para este capítulo e terá unha inversión per cápita de Fomento que se sitúa en 334,6 euros, un 114,6% sobre a media nacional.

Asemade, Barreiro tamén salientou a inversión de Fomento en ferrocarís na provincia de Lugo, posto que se incrementa en 2014 nun 7,3% respecto a 2013, situándose nos 17,64 millóns de euros.

O PSOE BASÉASE EN PROMESAS, O PP EN TRABALLO E FEITOS

Lembra o popular, que foi xustamente, o lucense, José Blanco, estando ao fronte do Ministerio de Fomento, quen deu as costas a Lugo e proba diso viuse na falsa promesa da A-8 posto que dixo que estaría operativa no 2011, e nos orzamentos para ese ano, rebaixou a partida a 64 millóns de euros non podendo resultar ser rematada. Nembargantes di Barreiro, a Ministra de Fomento, Ana Pastor, non deixa a Lugo de lado e nos orzamentos do seu departamento para o 2014 están explicítas as partidas orzamentarias para rematar dita autovía (18 millóns para acabar os dous tramos que faltan: Mondoñedo Lindín- Lindín- Careira) e ademáis tamén contempla partidas para acabar co problema das escorrentías ao paso por Mondoñedo. En definitiva di Barreiro, nas partidas orzamentarias de Fomento, está garantida o remate da A-8 neste ano 2013 e en condicións perfectas.

O popular resalta a importancia da A-54 e lembra que foi outra das promesas incumpridas de José Blanco, posto que retrasouna ata o 2015 e é agora o ministerio de Fomento quen destina o 80 millóns de euros para a A-54 entre Lugo-Santiago.

“Os orzamentos prevén que en 2014 continuarán as obras de tres tramos da A-54 entre Lugo e Guntín (“Guntín-Monte de Meda”; “Monte de Meda-Vilamoure” y “Vilamoure-Nadela”)”- manifestou Barreiro quen engadíu que agora retomaranse as obras do tramo “Palas de Rei-Guntín”, que estaban suspendidas e que agora contará cun orzamento de 15,5 millóns.

Destacou o presidente provincial os 100 mil euros para a licitación do proxecto e do tramo entre Barreiros e Foz e afirmou que isto supón o primeiro paso para que se faga efectiva esta infraestructura para os veciños de a mariña.

Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

Tamén fixo fincapé José Manuel Barreiro no Ministerio de Medio Ambiente, no que figuran partidas por un montante de algo máis de 7 millóns de euros para  obras, como a ampliación do Sistema de abastecimiento de agua a Lugo, melloras do tratamento de agua potable de Monforte ou a rede de colectores xerais en Lugo.

PENSIÓNS

No tocante as pensións, José Manuel Barreiro lembrou que o único partido que puxo en risco o sitema público de pensións foi o PSOE: “foron os socialistas os que as conxelaron as pensións”- lembrou Barreiro, quen engadíu que e é o goberno do Partido Popular, o que garante a sostenibilidade do sistema público de pensións e o que impide que nunca máis se conxelen.

Neste senso, Barreiro lembrou que o PSOE deixou de ingresar no fondo de reserva 14 mil millóns de euros e lanzou unha mensaxe de tranquilidade aos pensionistas, manifestando que o compromiso do PP co sistema público de pensións levou a creación do fondo de reserva, a separación de fontes de financiación para descargar ao sistema dos gastos que non lle corresponden e agora o factor de sostenibilidade para garantir a mesma do sistema.

Barreiro instou aos socialistas a que deixen dunha vez a súa liña da demagoxia e da crítica e estudien os orzamentos xerais do estado para 2014, posto que son unhas contas que manteñen o rigor, a austeridade e siguen comprometidas coa reducción do déficit público, ademáis de que xa permiten ver os indicios da senda económica, froito dos esforzos dos cidadáns e do goberno para sacar a España, e polo tanto a Lugo, desta mala época económica.