Partido Popular de Lugo

PP de Riotorto propón varias estradas municipais para incluír no programa de mellora de camiños

Riotorto, 1 de outubro de 2013.- Ante a convocatoria  de axuda realizada no DOG o 30 de Setembro de 2013 polo AGADER, pola que se aproba o Plan marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, o Partido Popular de Riotorto mostrou a súa satisfacción polos 41.629,85 euros distribuídos en sendas partidas, para este ano en curso e o 2014, que destina o goberno galego para actuacións en pistas e camiños do concello de Riotorto.

Os populares realizaron unha visita polas diferentes zonas do municipio e comprobaron in situ, que existen moitas pistas municipais que necesitan ser acondicionadas, bacheadas e asfaltadas, posto que se tratan de pistas moi transitadas polos veciños.

O partido popular rexistrou no día de onte, no Concello, un escrito, onde solicitou ao goberno local que inclúa na proposta a enviar o AGADER o acondicionamento, bacheado e asfaltado de varias pistas de titularidade municipal que se atopan en mal estado.

ESTRADAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL QUE PROPÓN O PP DE RIOTORTO PARA INCLUÍR NO PROGRAMA DE MELLORA

 

Chacin

1.     Bacheado e recebado pista desde Fonfria ata transformador

 

Aldurfe

1.     Bacheado e recebado pista de Igrexa a Pereiro no tramo Igrexa-Fonte da Pena

 

2.     Bacheado e recebado pista desde casa Tiburcio ata a ponte do Pereiro

 

Ferreiravella

 

1.     Bacheado e recebado pista desde encima casa Domnino ata Pouxaneiro(Debaixo das cuadras de Simón)

 

2.     Bacheado e recebado pista desde carretera Deputación ata Cementerio de Ferreiravella e polo medio do pueblo.

 

Val

 

1.     Bacheado e recebado pista que vai dende a casa de Loreano ata o cruce coa carretera vella da Deputación(Aldea)

 

2.     Bacheado e recebado pista que vai dende a carretera vella da Deputación ata cruce de chacin polo medio das casas.

 

Santa Marta

 

1.     Bacheado e recebado pista que vai desde casa Elias ata Espasande de Arriba por Vilar de Meilán

 

2.     Bacheado e recebado pista desde carretera Deputación ata a Casa de Edelmiro no lugar da Taberna.

 

Mazo de Ferreiravella

 

1.     Bacheado e recebado desde Puente Mazo ata casa Constantino

 

Santalla

 

1.     Bacheado e recebado pista desde Curquide ata o Pozo(Pena de Couso)

 

2.     Bacheado e recebado pista desde Casa Menor ata Carrizas( por diante casa Jaime)

 

Vilar de Santiago

 

1.     Bacheado e recebado pista desde Vilar ata Bidueiras

 

Moxueira

 

1.     Asfaltado da pista que vai dende a Moxueira ata o reemisor de TV situado no Fulgueiral

 

Torrentas

 

1.     Bacheado e recebado desde cruce Eirredondo ata o Rio, por diante da casa de Hilario

 

Curral

 

1.     Bacheado e recebado desde puente casa cachan ata casa porteiro

 

Orrea

 

1.     Bacheado e recebado pista que vai ata Regocorto desde a N 640

 

2.     Asfaltado pista dende Regocorto a Xardel(concentración)

 

Folgueirua

 

1.     Asfaltado de pista que vai dende a carretera Deputación ata Capela de Folgueirua pasando por diante Casa Marcial e tamen por diante da Casa de Armando.

 

Lourido

 

1.     Bacheado e recebado da pista que vai dende a carretera Deputación por diante da casa de Lucas e tamen dende a carretera Deputación ata Casa Ramón de Lourido

 

Galegos

 

1.     Asfaltado e bacheado  desde capilla hasta casa de miguin(Fondo do pueblo)

 

2.       Bacheado e recebado desde carretera Deputacion ata casa de Jose de Inocencio