Partido Popular de Lugo

Jose Álvarez pon en valor a achega do goberno galego para tarefas de mellora en pistas e camiños de O Incio

O Incio 1 de outubro de 2013. O presidente do PP en O Incio, Jose Álvarez, resaltou esta mañá o compromiso e aposta da Xunta de Galicia cos espazos rurais e salientou os máis de 48 mil euros que achega o goberno galego para incrementar a calidade de vida das zonas rurais de O Incio, contribuíndo á fixación da poboación rural e á diversificación económica.

“O executivo galego destina 48.106,50 euros a distribuír en dúas anualidades entre o ano en curso e o 2014 para mellorar e manter camiños de titularidade municipal e modernizar así os accesos e a comunicación a través da rede viaria”- manifestou Álvarez, quen mostrou a súa satisfacción por esta boa nova.

O popular lembrou que estas axudas están destinadas a tarefas de mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de modernizar os accesos e a comunicación a través da rede viaria e están enmarcadas dentro do obxectivo dos plans de mellora de infraestructuras básicas.

“Estas axudas inciden, especialmente, na modernización da calidade de vida da súa poboación rural”- manifestou Jose Álvarez, quen destacou que esta situación actual de crise económica e financeira fai necesario reforzar máis a colaboración coas entidades locais en actuacións dentro do ámbito competencial de cada administración que redunden na mellor prestación de servizos por parte dos concellos.

O presidente dos populares en O Incio informou que o goberno galego destina unha dotación preto de 14 millóns de euros a esta actuación de mellora de camiños, que se inclúe dentro do obxectivo global dos plans de mellora das infraestructuras no medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos galegos se beneficien da mellora das súas infraestructuras básicas, a través de axudas ás entidades locais e, máis concretamente, dos concellos de Galicia.