Partido Popular de Lugo

Medela salienta os preto de 80.000 euros que destina o goberno galego para dinamizar áreas rurais en Chantada

Chantada 30 de setembro de 2013. O presidente do PP de Chantada, Javier Medela, resaltou esta mañá o compromiso e aposta da Xunta de Galicia co medio rural e puxo en valor a achega do goberno galego para levar a cabo tarefas en varios para núcleos rurais chantadinos.

“Falamos de 79.131,50 euros a distribuír en dúas anualidades entre o ano en curso e o 2014”- explicou Javier Medela, quen puxo de manifesto que o executivo galego investirá esta cuantía económica para mellorar e manter camiños de titularidade municipal e modernizar así os accesos e a comunicación a través da rede viaria.

Neste senso, o presidente do PP de Chantada recalcou que estas axudas permitirán incrementar a calidade de vida das zonas rurais, contribuíndo a fixación da poboación rural e á diversificación económica.

Obxectivos e alcance

Medela puxo de manifesto que esta actuación está englobada dentro do obxectivo dos plans de mellora das infraestructuras básicas que inciden especialmente na mellora da calidade de vida da súa poboación rural e afirmou que a situación actual de crise económica e financeira fai necesario reforzar máis a colaboración coas entidades locais en actuacións dentro do ámbito competencial de cada administración que redunden na mellor prestación de servizos por parte dos concellos.

Plan marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014

O presidente do PP en Chantada, Javier Medela, lembrou, que o goberno galego destina unha dotación preto de 14 millóns de euros a esta actuación de mellora de camiños, que se inclúe dentro do obxectivo global dos plans de mellora das infraestruturas no medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestruturas básicas, a través de axudas ás entidades locais e, máis concretamente, dos concellos de Galicia.

En concreto, afirmou o popular, o plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal ten por obxecto a ampliación, mellora ou mantemento nas infraestruturas do Concello, entendendo como tales camiños agrícolas e pistas rurais.