A Mariña, 28 de setembro de 2013.- O Partido Popular quixo lembrar hoxe ao BNG que a Deputación de Lugo é a única das catro administracións provinciais galegas que está a incumprir a normativa vixente en materia social e de benestar e, moi en concreto, en relación co financiamento obrigado por lei dos servizos municipais de axuda no fogar.
Incumpren a súa propia lei
Os populares lembran que o bipartito provincial chega ao absurdo de incumprir unha Lei -a 3/2008 de Servizos Sociais- que socialistas e nacionalistas aprobaron en 2008 durante a súa etapa de goberno na Xunta. Tanto esta lei como a normativa que a desenvolve (Decreto 99/2012) establecen a obriga de que as Deputacións acheguen os recursos suficientes para financiar nos concellos de menos de 20.000 habitantes o servizo de axuda no fogar básico (persoas dependentes) e a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.
Prexuizo aos concellos e desprezo ás persoas dependentes
O incumprimento do Goberno bipartito provincial trae consigo importantes consecuencias negativas para os concellos lucenses que se vén na obriga de asumir con recursos propios e/ou a través do aumento das cotas que abonan os seus usuarios o financiamento dun servizo que a Deputación lucense está obrigada por mandato legal a soportar
“O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable do área de Benestar, Antón Veiga, coa complicidade necesaria de Jose Ramón Gómez Besteiro, incumpren, faltan á verdade e utilizan politicamente ás persoas que máis necesitan o apoio das administracións: os nosos maiores e dependentes”-insisten desde o PP
Teñen dispoñibilidade orzamentaria, pero non teñen vontade
Pero é que ademais os datos demostran que os actuais dirixentes da Deputación de Lugo son uns nefastos xestores xa que aínda que existen recursos suficientes para financiar este servizo, non son capaces de investilos. “O benestar non é unha prioridade para o bipartito da Deputación que deixou no 2011 máis de 140.211 sen executar”
Pola contra a Deputación de Lugo si destina inxentes cantidades de diñeiro para outras accións do Goberno bipartito como é o caso de gastos en publicidade e propaganda, ou en actos protocolarios. Cada unha destas partidas incrementáronse nos orzamentos para o ano en curso máis do 35% superando os 1,2 millóns de euros
“Os nosos maiores non son importantes para os xestores da Deputación pero si outro tipo de gastos supérfluos que son a súa prioridade”-conclúen desde o Partido Popular moi críticos
Menos do 15% do custe do servizo
Para cuantificar a falta de apoio da Deputación o PP lembra que a administración provincial deixa sen cubrir o 85% do custe do Servizo de Axuda no Fogar nos concellos da Mariña. Dos máis de 1,4 millóns que custa o servizo nesta comarca a Deputación está a pagar uns 217.000 euros, é dicir o 15%.
· Cadro exemplificativo no que se recolle o orzamento do SAF en cada concello da Mariña, así como a contía que aporta a Deputación Provincial de Lugo (incluída en porcentaxes)
CONCELLO |
ORZAMENTO SAF BASICO |
|
APORTACIÓN DIPUTACIÓN |
|
ALFOZ |
48570.10 |
|
7352 |
15% |
BARREIROS |
95480 |
|
8235 |
8.% |
BURELA |
48073.68 |
|
16790 |
34% |
CERVO |
35937 |
|
4737 |
13% |
FOZ |
39276.52 |
|
6618 |
16% |
LOURENZA |
44078.62 |
|
5618 |
12% |
MONDOÑEDO |
96984.45 |
|
16183 |
16% |
OUROL |
69079.66 |
|
9345 |
13% |
PONTENOVA |
18637 |
|
1774 |
9% |
RIBADEO |
164375 |
|
21575 |
13% |
RIOTORTO |
26000 |
|
13861 |
53% |
TRABADA |
66000 |
|
8661 |
13% |
VALADOURO |
64568 |
|
7918 |
12% |
VICEDO |
72407 |
|
8485 |
11% |
VIVEIRO |
250000 |
|
40457 |
16% |
XOVE |
261534 |
|
40868 |
15% |