Partido Popular de Lugo

PP pide a Celeiro que acuda á dirección de NovagaliciaBanco para saber si ten a intención de pechar a oficina de O Incio

O Incio 27 de setembro de 2013.- Logo dos rumores que circulan sobre o peche definitivo da oficina de NovagaliciaBanco no concello de O Incio e de que os populares descoñezcan a veracidade deste rumor, o presidente do PP neste concello,Jose Alvarez, anunciou que esta mesma mañá o seu grupo rexistrou unha moción onde solicita información sobre este tema e xa adianta algunhas propostas no caso de que este murmurio sexa veraz.

Manifesta o popular que o seu grupo tampouco sabe si a señora Celeiro coñece algo de este tema, “queremos pensar que non, posto que a nós, nada nos dixo” e lembrou que de ser certo este rumor e levarse a cabo esta medida,  “causaríalles un perxuízo moi grande a tódolos veciños de O Incio, tanto aos que teñan os seus aforros nesta entidade, coma aos que operen con ela para distintas xestións”, os cales terían que acudir a outros concellos limítrofes onde existen oficinas de estas entidades para desenvolver as súas operacións bancarias, que nalgúns caso están saturadas ocasionando longas esperas para calquera xestión.

Ante esta incertidume, os populares pídenlle á rexedora que acuda a dirección da entidade de NovagaliciaBanco para comprobar si a oficina de O Incio vai pechar ou simplemente é un rumor falso.

“De ser certo, que a oficina teña a intención de pechar, e visto que Celeiro non fixo nada para impedir este peche, a rexedora ten que adoptar as medidas oportunas para que esta oficina, se manteña aberta ao público nas mesmas condicións que ata o de agora, solicitando á Dirección da Entidade que neste caso relegue a un segundo plano a rentabilidade económica en favor da enorme rentabilidade social que ofrece a tódolos veciños deste concello”- manifestou o José Álvarez, quen xa adiantou que o seu grupo apoiará estas medidas.

Conclúe o presidente dos populares en O Incio, que de ser certo este rumor, e de non ser posible frear por completo esta situación, malia ás medidas adoptadas, os populares piden a Laura Celeiro que solicite da Dirección de Novagalicia Banco que si non é coas mesmas condicións, ao menos se manteña aberta esta oficina en días alternos e que o caixeiro existente nas dependencias da mesma permanezca en servizo 24 horas do día, dado que non ten custe de persoal e é unha comodidade para tódolos veciños de O Incio.