Partido Popular de Lugo

O 60% dos alumnos terán comedor escolar gratuíto e o resto pagará en función da súa renda familiar

Lugo, 27 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Vidal Martínez-Sierra quixo aclarar hoxe, ante as confusións sobre o noso sistema de acceso aos comedores escolares que máis do 60% dos alumnos disfrutarán deste servizo de xeito absolutamente gratuíto e o resto o fará en función da renda familiar.

Dixo tamén que os 4,5 euros por día –dos que algúns falan- é o tope máximo que so pagarán aquelas rendas máis altas e que, polo contra, a inmensa maioría moverase entre a gratuidade total o un pago dun só euro ao día.

INTRODUCIR O CRITERIO DE RENDA

Vidal Martínez-Sierra aclarou que o actual modelo é unha medida máis equitativa e social, que vén a poñer solución ao un copago que instaurado polo bipartito non era xusto para as familias que menos ingresos teñen.

“Mentres que, por exemplo, o fillo dun deputado por ser alumno transportado non tiña que pagar nada, un neno cos seus pais en paro sen transporte víase na obriga de asumir polo menos 1,6 euros por menú. Esta situación inxusta e insolidaria mudouse para ben co novo sistema”-aclarou Martínez-Sierra.

Martínez-Sierra defendeu que desvincular o uso do comedor do transporte e establecer o acceso como comensal en función de criterios de renda é implantar un modelo máis xusto e solidario, no que os recursos públicos se destinarán a atender ás familias máis necesitadas

MÁIS PRAZAS GRATUITAS

Socialistas e nacionalistas que, durante o bipartito, foron os primeiros en introducir o copago en comedores sen ningún criterio de renda e agora critican un sistema que posibilita ampliar este servizo público. De feito, o novo sistema de comedores escolares é moito máis xusto e con el vai ser posible crear máis prazas gratuitas.

“En dúas lexislaturas a Xunta terá incrementado en máis de 18.000 o número de prazas nos comedores escolares que xestiona, das que 11.000 serán gratuítas e en outras 2.000 só haberá que pagar un euro por menú”-dixo Martínez-Sierra

AMPLIACIÓN DA REDE DE COMEDORES ESCOLARES

Exemplos

Familia monoparental con 1 fillo:

-se ingresa menos de 1.166 euros netos ao mes (12 pagas)/ 1.000 euros (14 pagas): gratuidade total 

– se ingresa 1.250 euros netos ao mes (12 pagas)/1.071 euros (14 pagas): 1 euro/día 

 – se ingresa 1.500 euros netos ao mes (12 pagas)/1.285 euros (14 pagas): 2,5 euros/día 

– se ingresa máis de 1.500 euros netos ao mes (12 pagas)/1.285 euros (14 pagas): 4,5 euros/ día

Familia de pai+nai+2 fillos – un en idade escolar e o outro non- :

-se ingresa menos de 2.333 euros netos ao mes (12 pagas)/2.000 euros (14 pagas): gratuidade total 

– se ingresa 2.500 euros netos ao mes (12 pagas)/2.142 (14 pagas) 1 euro/día

– se ingresa 3.000 euros netos ao mes (12 pagas)/2.570 (14 pagas):2,5 euros/día 

– se ingresa máis de 3.000 euros netos ao mes (12 pagas)/2.570 (14 pagas: 4,5 euros/ día

Familia de pai+nai+3 fillos en idade escolar :

-se ingresa menos de 2.915 euros netos ao mes (12 pagas)/2.500 euros (14 pagas): sempre gratuidade total

Familia de pai+nai+3 fillos (2 deles en idade escolar) :

-se ingresa menos de 2.915 euros netos ao mes (12 pagas)/2.500 euros (14 pagas): gratuidade total 

– se ingresa 3.000 euros netos ao mes (12 pagas)/2.570 (14 pagas) 1 euro/día 

– se ingresa 3.500 euros netos ao mes (12 pagas)/3.000 (14 pagas):2,5