Riotorto, 25 de setembro de 2013.- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, deu conta esta mañá, que foron as xestións dos populares, as que lograron que dez productores de faba de Riotorto, poidan vender este ano a súa colleita no mercado local de Lourenzá.
“Hoxe expedíuselle o carné de fabeiros aos dez productores que presentaron o escrito; o que dá lugar a que a partires de agora poidan acudir ao mercado laurentino sin ningunha restricción”- anunciou Clemente Iglesias.
O popular puxo de manifiesto que tendo en conta que ao longo dos últimos dous anos (2011-2012), os productores de Riotorto non poideron vender as fabas en Lourenzá porque non estaban incluídos na área de influencia da IXP Faba de Lourenzá, malia a ter as mesmas características que as laurentinas, os populares consideraron que tiñan que comercializarse neste mercado, polo que o seu grupo comezou a facer xestións para que esto fose unha realidade.
Clemente Iglesias afirmou que as xestións entre os populares deste concello coa rexedora laurentina e coa presidenta en funcións do Consello Regulador da IXP da faba de Lourenzá, as que lograron que os productores riotortenses desta legume poidan vender agora os seus productos no vindeiro mercado laurentino.
Neste senso, dende o PP de Riotorto agradeceron a axuda realizada por Maria Carmen Seijo Otero (presidenta en funcións do consello da IXP faba de Lourenza) e da alcaldesa de Lourenza, Emma Álvarez, por aceptar a solicitude dos populares e poñer así en valor a faba dos productores do seu concello.
CRITICAS A PASIVIDADE DO BIPARTITO
Por outra banda, Clemente Iglesias criticou a pasividade do bipartito de Riotorto posto que “demostrou claramente que non lle preocupan os veciños, tanto como si venden o producto a un prezo considerable coma si o regalan os intermediarios e dixo non entender como o rexedor, que é o promotor dos mercados estacionais de productos ecolóxicos, que se fan cada tres meses na localidade, non desenvolvese ningunha xestión sobre este tema.