A Pontenova 19 de setembro de 2013. O voceiro do PP no concello de A Pontenova, Jorge García, denunciou esta mañá o incumprimento por parte da Deputación Provincial de Lugo cos veciños de A Pontenova en materia de benestar.
Porén, os populares, levarán á sesión plenaria do vindeiro xoves, unha moción, esixíndo ao Ente Provincial, que cumpra coa normativa vixente en materia de servizos sociais, e que achegue os recursos precisos para o financiamento dos gastos íntegros do servizo de axuda no fogar básico e para a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.
Jorge García denunciou que a Deputación de Lugo incumple con este concello mariñán posto que tan só aporta o 9% do que custa o servizo de axuda no fogar.
“Dos máis de 18.000 euros que supón o Servizo de Axuda no Fogar no concello de A Pontenova, o ente provincial tan só achega 1.774 euros”- denunciou o popular.
O voceiro popular agarda que o rexedor socialista, Darío Campos, e o BNG, se posicionen a favor dos intereses dos veciños de A Pontenova e non dos seus homólogos na Deputación de Lugo, que o único que fixeron foi tomar unha decisión totalmente inxustificada.
“Non entenderíamos que o señor Campos optase por defender unha decisión insensible e partidista, que conleva consecuencias totalmente negativas para os usuarios deste servizo, antes de demandarlle aos socialistas e nacionalistas na Deputación que cambien esta decisión”- conclúe.