Lugo, 19 de setembro de 2013.- Os afiliados do PP de Xove manteñen á fronte da agrupación na localidade ao rexedor Demetrio Salgueiro Rapa, quen desenvenvolve esta labor de presidente dende o último congreso local celebrado no ano 2007.
Nun centro cívico de Xove, e ante o presidente provincial, secretario xeral e demáis cargos públicos da provincia, o reelexido presidente asegurou que asume a súa reelección con total responsabilidade e coa mente posta no fortalecemento do partido e da dinamización do municipio.
O que é alcalde dende o ano 2007 presentou o comité, que él mesmo preside, e no que figuran: José Manuel González, Ana María Abad, María Dolores Meitin, Cristina Iglesias, José Manuel Balseiro Canoura, Rosario Balseiro, Manuel Ángel Meitín, Leandro Quelle, Catalina Domínguez, Jesús Rodríguez, Javier Rivas, Lucía Sánchez, Juan Carlos García, Eva Lastra, Andrés Prieto, Nilo Abad, Antonio Paleo, Benigno Rapa, José Salgueiro, José Luis Dayán, Miguel Ángel García, Jesús Antonio Pernas e José Mario Cociña.
Foi o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, quen destacou o traballo e a constancia manifestada polo rexedor e reelexido presidente da agrupación local
“Demetrio é un exemplo de traballo e de responsabilidade; de persoa comprometida co partido e cos seus veciños, quen sae a rúa, da a cara, e intenta solventar os problemas e as necesidades dos mesmos”.
Barreiro dixo non querer ser “triunfalista” pero manifestou que xa se empeza a ver a luz ao final do túnel e que “son xustamente as medidas que tivo que tomar o goberno de España as que pouco a pouco están empezando a dar os seus resultados”.
Formación e experiencia política
Natural de Xove, Demetrio Salgueiro naceu o día 2 de xullo de 1971. Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, afiliouse ao Partido Popular no ano 1988.
A súa toma de contacto coa política ven dende o ano 2003, cando xa foi nas listas para concurrir as eleccións municipais daquel ano.
Agora en excedencia, Salgueiro Rapa traballa como economista no concello de Burela.