Partido Popular de Lugo

Álvarez: “varias zonas e edificios de O Incio agonizan pola vagancia e negativa da rexedora”

O Incio, 19 de setembro de 2013.- O presidente do PP en O Incio, Jose Álvarez puxo de manifesto esta mañá que o seu grupo ven denunciando dende fai tempo, en varias sesións plenarias e a través de varios escritos dirixidos ó Concello, o estado de abandono que presentan moitas zonas do municipio.

Deste xeito, o popular trouxo a coacción a preocupación dos veciños pola falta de limpeza e a negativa da señora alcaldesa de non levar a cabo as labores de desbroce de moitos camiños públicos e  pistas municipais e asegurou que son queixas que están continuamente entre os veciños.

O popular denunciou que as pistas municipais non se volveron a limpar dende que a señora Laura Celeiro tomou posesión do cargo de alcaldesa e nas que a maleza invade os carrís de circulación  impedindo a visibilidade co conseguinte perigo para a circulación ademais  do alto risco de incendio.

“Pero este estado de abandono non só se aprecia en vías de circulación senón tamén en núcleos de poboación, así, as herbas e a suciedade invaden unha boa parte das beirarrúas da propia Sta Cruz de O Incio, especialmente na estrada de Foilebar, ou no acceso á Sta Cruz dende Laiosa”- manifestou Álvarez.

A Coñecida como “casona”

O popular tamén criticou o estado no que se atopa a coñecida “casona”.“Mención a parte merece o estado no que se encontra esta construcción, ubicada en fronte do Concello; unha vivenda que a señora rexedora prometeu no seu Programa Electoral, fai 3 anos, rehabilitar coa a axuda do Señor Besteiro e nembargantes, non só non se rehabilitou malia a que o Organismo Provincial orzamenta tódolos anos 50.000 euros para investir na mesma, senón que se encontra nun estado de abandono absoluto”- denunciou o popular, quen alertou de que ademáis de estar  rodeada de maleza e lixo e dar unha mala imaxe ó Concello, convértese nun perigo importante para o resto das vivendas colindantes no caso dun incendio.

Paseo Fluvial no núcleo da Ferrería

O presidente do PP en O Incio tamén denunciou a situación que presenta o paseo ao carón do río no núcleo da Ferrería do Incio.“Un paseo pechado con vallas sen saber moi ben o motivo e que ocasionou durante este período vacacional  moitas protestas de veciños e comentarios de visitantes sorprendidos do estado de abandono no que se encontran zonas coma esta, dun pobo que en tempos foi un referente  dentro e fóra de Galicia”- manifestou Álvarez.

O popular instou a Celeiro a que “realice, de xeito inmediato, as xestións necesarias para subsanar os problemas que ocasionaron o peche do paseo dende hai máis dun ano” e así reabrilo para que “veciños e turistas poidan seguir disfrutando deste entorno incomparable e para que os operarios contratados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil para limpar o entorno dos ríos do Concello de O Incio ó paso polos distintos núcleos de poboación, poidan acceder a esta zona e así acondicionar o entorno do rio no lugar da Ferrería”- aseverou.

Jose Álvarez concluíu afirmando que o estado de abandono está á vista de todos  e é inadmisible, posto que a rexedora conta cun tractor que a Xunta de Galicia lle cedeu en propiedade o ano pasado, e por outra parte,  que este ano contratou, a través do Programa de Cooperación da Xunta de Galicia cos Concellos, a 3 empregados por período dun ano, para estas labores de limpeza e desbroce.