Chantada, 16 de setembro de 2013.- O presidente do PP de Chantada, Javier Medela, agradeceu á Xunta de Galicia a achega de máis de 13 mil euros para o programa de reducción do abandono escolar.
O popular lembrou que o goberno galego aposta polo desenvolvemento de actividades que incentiven a procura do éxito escolar e eviten o abandono temperán dos estudos por parte do alumnado.
“Máis de 13.000 euros recibe Chantada para o programa de reducción do abandono escolar”- manifestou Javier Medela, quen agradeceu a Xunta de Galicia esta colaboración para impulsar as actividades de apoio ao alumnado deste municipio.
Medela puxo de manifesto que o obxectivo final destes programas é incidir sobre as causas do abandono escolar, e para iso, inclúe apoios para o alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria, para programas de cualificación profesional inicial e tamén para que aqueles mozos e mozas que xa non están no sistema educativo poidan prepararse as probas de obtención dos distintos títulos oficiais, tales como o graduado en educación secundaria obrigatoria ou estudos de formación profesional de grao medio e/ou de bacharelato.
Concluíu o popular manifestando que estas axudas tamén permitirán impulsar un servizo municipal para atender o alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses, coa finalidade de diminuír o risco de abandono ou desinterese e de preparar para as probas de graduado en ESO.