A Mariña, 13 de setembro de 2013.- Tal e como anunciaron nas pasadas datas os responsables do Partido Popular de Lugo o Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a resolución da Delegación do Goberno en Galicia pola que se convoca aos titulares das fincas que serán ocupadas para a construción do gasoduto da Mariña.
A relación inclúe todo tipo de terreos ao longo dos 65 quilómetros de trazado que transcorre polos termos municipais de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro. Resultarán afectados desde prados ata explotacións forestais como eucaliptais ou piñeiros ou fincas de labradios. En total 1.894 propiedades serán obxecto de expropiación.
Concello |
Espazo Km |
Parcela |
Ribadeo |
14,9 |
263 |
Barreiros |
10,6 |
392 |
Foz |
18 |
534 |
Burela |
1,1 |
43 |
Cervo |
9,8 |
307 |
Xove |
8,5 |
307 |
Viveiro |
1,2 |
48 |
55 VECIÑOS POTENCIAIS BENEFICIARIOS
O Partido Popular salientou que avanza a tramitación administrativa dunha infraestrutura chamada a mellorar o tecido industrial da comarca e proporcionar acceso ao gas natural a 55.000 veciños. O gasoduto será especialmente relevante para industrias como Alcoa xa que permitirá reducir os seus custes de produción, gañando en competitividade.
Os populares insisten en que estamos ante un proxecto de interese público e social notorio, que contribúe ao aumento da competitividade industrial, ao crecemento da economía da comarca e ao acceso, tamén para as familias, a unha enerxía limpa e máis económica.
A convocatoria aos titulares dos bens afectados para a elaboración das actas previas á ocupación iniciarase o 10 de outubro e rematará no mes de decembro. Deberán comparecer, na data indicada na Resolución, nos seus respectivos concellos.