Partido Popular de Lugo

PP de Castroverde salienta a colaboración da Xunta para impulsar o programa de reducción do abandono escolar

Castroverde, 12 de setembro de 2013.- A voceira do PP en Castroverde, María Gómez, salientou esta mañá que a colaboración da Xunta de Galicia co concello de Castroverde permite a achega de preto de 11.500 euros destinados a financiar, apoiar e potenciar distintos programas contra o abandono escolar.

“Concretamente 11.472 euros destina o executivo galego para combater o fracaso escolar en Castroverde”- manifestou a popular, quen afirmou que estas axudas facilitan que os mozos e mozas que abandonaron o sistema educativo poidan prepararse para as probas de obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria ou para incorporarse a estudos de formación profesional de grao medio e/ou de bacharelato.

A popular lembrou que os beneficiarios finais destas axudas son o alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria, ou dos programas de cualificación profesional inicial, así como tamén os mozos e mozas de entre 16 e 24 anos que abandonaron o sistema educativo sen acadar a titulación de graduado en educación secundaria.

Concluíu María Gómez, que entre outros, os programas subvencionables terán como obxectivo: propiciar que o alumnado que abandonou o sistema educativo poida continuar estudos de bacharelato ou de formación profesional de grao medio ou atender ao alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses, coa finalidade de diminuír o risco de abandono ou desinterese e de preparar para as probas de graduado en ESO.