Partido Popular de Lugo

José Pardo Lombao, reelexido presidente do PP en Outeiro de Rei

Lugo, 12 de setembro de 2013.- A casa da cultura de Outeiro de Rei acolleu esta tarde- noite o congreso local dos populares, onde o que xa era ata o de agora líder da agrupación municipal foi reelexido presidente.

A militancia escolleu de xeito directo á nova dirección durante este conclave no que estiveron presentes o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos políticos da zona.

O reelexido presidente nomeou ao comité local, no que figuran; como secretaria: Begoña Seco; como vogais: José Yebra, Luis Varela, José Daniel Román, Pilar Méndez, Jesús Fernández, María José Martínez, Paulino Carral, Jose Veiga, Serafín Vázquez, Luisa Seijas, Antonio López, Manuel Fraga, Alfonso Vilanoba, Sandra Abeledo; como NNXX: Tania Díaz e Diego González.

O presidente provincial, José Manuel Barreiro, destacou o traballo de José Pardo, a quen calificou de “gran xestor” e “dun alcalde que consolidou unha estructura de partido moi importante, tan relevante, que nunca se perderon as eleccións, gañando con amplas maiorías absolutas”.

Barreiro mostrou a súa satisfacción porque se manteña ao fronte do PP de Outeiro de Rei “unha persoa acreditada políticamente, que leva moitos anos no partido; unha persoa que demostra que é un gran alcalde”- manifestou o popular, quen resaltou de José Pardo a súa cercanía cos veciños e que soupo gañar as eleccións con grandes resultados”.

TRAXECTORIA POLÍTICA E BIOGRAFÍA

Ademais de ser o actual rexedor do municipio lucense dende o ano 1997, José Pardo conta cunha dilatada traxectoria na política local, onde entrou como edil fai 30 anos, concretamente no 1983.

Asemade, o popular leva 16 anos como alcalde do municipio de Outeiro de Rei, con maioría absoluta, ostentando actualmente oito dos once edís que ten a corporación municipal.

Nado no ano 1955 en Outeiro de Rei, o actual alcalde do municipio é empresario no sector agrario, e ademais coordinador de Medio Rural no PP provincial.