Lugo, 11 de setembro de 2013. Os populares da montaña lucense denunciaron esta mañá a situación de abandono na que se atopa a Estrada Provincial LUP-0508. Un estado do que fan responsables directos ao Señor Manuel Martínez, deputado de Xestión Territorial da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, así coma ao Señor José Fernández, deputado de Medio Rural e do Mar da Deputación de Lugo e alcalde de Navia de Suarna.
Denuncian os populares que resulta increíble e indignante que a estas alturas do ano- principios do mes de setembro-, a mencionada estrada provincial LUP-0508, principal vía de comunicación coa A-6 do Concello de Navia, en particular, e de toda a zona de A Montaña e Os Ancares, en xeral, se atope chea de fochancas, que son un perigo grave para a circulación, e sin desbrozar, o cal dificulta a visibilidade, fai moi complicada a circulación e supón que o risco de accidentes sexa cada vez maior.
Os populares lembran que foron moitas as estradas que sufriron deterioros no pasado inverno por mor das chuvias torrenciais pero moitas delas foron arranxadas.
Lamenta o PP que “non foi o caso da estrada LU-P- 0508, que pasou toda a primavera, e estamos rematando o verán, tempo máis que suficiente para subsanar todas as dificultades que vimos de sinalar e nembargantes atópase nunha situación nefasta”. Engaden os populares, que incluso hai zonas da estrada que levan máis de dous anos á espera de ser reparadas.
Afirma o PP que o señor Martínez está a discriminar especialmente un tramo moi deteriorado, “quizáis porque pertence ao concello de Baralla, o cal non pertence á cor política que profesa o Sr. Diputado Provincial”- manifestan.
Os populares pregúntanse para onde miran os señores alcaldes e diputados provinciais, Sr. Martínez e Sr. Fernández, cando circulan por esta estrada en dirección aos seus concellos, posto que é imposible non ver o deplorable estado da estrada.
Conclúe o PP reclamando a inmediata posta en marcha dos traballos de desbroce e asfaltado da Estrada Provincial LUP-0508, polo ben de todos.