Partido Popular de Lugo

O PP de A Pobra do Brollón destaca a colaboración da Xunta de Galicia cos espazos de Rede Natura

Pobra do Brollón, 11 de setembro de 2013.- O voceiro do PP de Pobra do Brollón, Fernando Parada, agradeceu esta mañá ao goberno galego a axuda que destina ao seu concello para a recuperación e conservación dos espazos naturais que forman parte da Rede Natura 2000.

“A Xunta de Galicia investirá 8.873,82 euros a distribuír para o ano 2014 para recuperar e conservar os espazos naturais de Pobra do Brollón”- destacou Parada Veiga, quen mostrou a súa satisfacción por esta boa nova.

Lembrou o popular que a Rede Natura 2000 esta conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e lugares de interese comunitario (LIC) e manifestou que é un instrumento creado pola Unión Europea, pensado para conservar o medio natural, buscando brindar a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego.

O popular afirmou que gracias a estas axudas que concede a Xunta de Galicia, poderán levarse a cabo labores de restauración, sinalización, recuperación, limpeza ou restauración de elementos históricos nestas zonas.