Partido Popular de Lugo

Lamela destaca os máis de 6.400 euros que destina o Goberno Galego para desenvolver traballos en espazos de rede natura

O Valadouro, 11 de setembro de 2013.- O presidente do PP de O Valadouro, José Manuel Lamela, puxo, esta mañá, en valor, a achega da Xunta de Galicia para a recuperación e conservación dos espazos naturais neste concello mariñán, que forman parte da Rede Natura 2000.

“A Xunta de Galicia destinará 6.426,99 euros a distribuír entre o presente ano e o 2014 para recuperar e conservar os espazos naturais de O Valadouro”- destacou Lamela, quen mostrou a súa satisfacción por esta boa nova.

O popular lembrou que a Rede Natura 2000 é un instrumento creado por unha Directiva da Unión Europea dirixido á conservación do medio natural, e a través do que se busca brindar a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego.

“Estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona”- lembrou Lamela, quen engadíu que tamén están pensadas no mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia.