Mariña lucense, 10 de setembro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Vidal Martínez-Sierra salientou hoxe o apoio que presta a Xunta a seis concellos da nosa comarca para potenciar o programa de redución do abandono escolar.
O Goberno galego achegará preto de 70.000 euros para financiar actividades educativas deseñadas polos concellos de Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, O Vicedo e Viveiro. As axudas van desde os 8.000 ata os 14.000 euros en función do número de actividades programadas.
O obxectivo final busca incidir sobre as causas do abandono escolar, e para iso inclúe apoios tanto ao alumnado de terceiro e cuarto de educación secundaria, ou dos programas de cualificación profesional inicial, como tamén para que aqueles mozos e mozas que xa non están no sistema educativo poidan prepararse as probas de obtención dos distintos títulos oficiais, tales como o graduado en educación secundaria obrigatoria ou estudos de formación profesional de grao medio e/ou de bacharelato.
As axudas tamén permitirán impulsar un servizo municipal para atender o alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses, coa finalidade de diminuír o risco de abandono ou desinterese e de preparar para as probas de graduado en ESO.
RELACIÓN DE BENEFICIARIOS
Concello
|
Axuda
|
Concello de Burela
|
14.634,90
|
Concello de Cervo
|
8.000
|
Concello de Foz
|
12.000
|
Concello de Ribadeo
|
11.988,80
|
Concello do Vicedo
|
5.017,21
|
Concello de Viveiro
|
17.600
|
TOTAL
|
69.241
|