Partido Popular de Lugo

PP de O Incio denuncia falta de transparencia e obstáculos á hora de acceder a información do Concello

O Incio 6-9-2013. O presidente do PP en O Incio, Jose Álvarez, denunciou esta maña a falta de transparencia e os obstáculos que están a poñer a Señora Laura Celeiro e a secretaría e intervención cada vez que o seu grupo solicita información.

“Solicitamos acceso a varias informacións e atopámonos sempre con barreiras para acceder a mesma”- denunciou Álvarez, quen engade que a rexedora e a secretaría de intervención responden as solicitudes pero sempre o último día e “dando largas”.

Neste senso, o popular denuncia que ademáis de chegarlles a resposta a solicitude de información no último día, chega mal e arrastro, posto que a señora Laura Celeiro e a secretaría e intervención poñen excusas para que o seu grupo acceda a información pedida.

“Entre outras, solicitamos fai meses, copia das alegacións feitas polos veciños para ser tidas en conta para a revisión do PXOM que está en proceso; a copia do convenio entre o Concello de O Incio e a CHMS para levar a traída municipal ata a parroquia de Vilasouto ou o exame de facturas pagadas e pendentes de pago desde o 1 de xaneiro de 2013 deste Concello”- manifestou Álvarez quen asegura que a día de hoxe está sen poder visualizar a información solicitada.

Os populares piden a Celeiro que cambie esta dinámica de facer as cousas porque con estás nefastas actuacións o que está demostrando e que conta con información que non quere desvelar.