Lugo, 06 de setembro de 2013.- O PPdeLugo a través do seu secretario xeral Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor a achega da Xunta de Galicia para a recuperación e conservación dos espazos naturais en 30 concellos lucenses con espazos que forman parte da Rede Natura 2000. O Goberno galego investirá 424.286 euros a distribuír entre o ano en curso e o 2014.
A Rede Natura 2000 é un instrumento creado por unha Directiva da Unión Europea dirixido á conservación do medio natural, e a través do que se busca brindar a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego. A Rede Natura 2000 está conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e lugares de interese comunitario (LIC).
A relación de concellos beneficiarios das axudas son:
Concello
|
Axudas
2013
|
Axudas
2014
|
Abadín
|
10.884,76
|
8.905,72
|
Alfoz
|
10.934,68
|
8.946,55
|
Baleira
|
4.591,49
|
3.756,68
|
Bóveda
|
11.000,00
|
9.000,00
|
Carballedo
|
10.124,08
|
8.283,34
|
Cervantes
|
10.125,93
|
8.284,85
|
Chantada
|
7.030,67
|
5.752,37
|
Cospeito
|
8.250,00
|
6.750,00
|
Folgoso
|
10.993,70
|
8.994,84
|
Fonsagrada
|
565,08
|
|
Incio
|
10.784,55
|
8.823,73
|
Muras
|
7.360,65
|
6.022,35
|
Navia
|
10.975,73
|
8.980,15
|
Negueira
|
9.832,53
|
8.044,80
|
Nogais
|
10.960,52
|
8.967,69
|
Ourol
|
9.697,39
|
7.934,22
|
Palas
|
5.101,33
|
4.173,81
|
Pedrafita
|
11.000,00
|
9.000,00
|
Pobra
|
10.845,78
|
8.873,82
|
Pontenova
|
9.868,84
|
8.074,51
|
Quiroga
|
5.615,88
|
4.594,81
|
Ribadeo
|
11.000,00
|
9.000,00
|
Ribas
|
10.618,71
|
8.688,04
|
Ribeira
|
11.000,00
|
9.000,00
|
Samos
|
10.672,85
|
8.732,33
|
Sober
|
7.580,86
|
6.202,52
|
Triacastela
|
8.892,81
|
7.275,93
|
Valadouro
|
3.534,84
|
2.892,15
|
Vilalba
|
10.542,40
|
8.625,60
|
Xermade
|
10.996,57
|
8.997,20
|
Total
|
271.382,63
|
152.903,66
|
Segundo explica Balseiro estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia
TRIPLE FINALIDADE
As axudas teñen por obxecto financiar a execución de accións que permitan melloras nun triplo obxectivo
a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos: limpeza e restauración de camiños de acceso aos predios; sinalización de camiños, e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.
b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional (protección e restauración de elementos de valor patrimonial nas explotacións: hórreos, milladoiros, cabanas, valos e fontes; calquera outra de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000).
c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas: sistemas de condución e drenaxes próximos a zonas de acceso; investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes; mantemento de sebes nas beiras das zonas comúns e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.