Lugo, 5 de setembro de 2013.- O Concello de Palas de Rei acolleu esta tarde- noite un congreso local no que o actual rexedor, Pablo Taboada foi reelixido presidente dos populares neste Concello da Comarca da Ulloa.
Trátase do primeiro congreso que os populares lucenses celebran tra-la época estival e no que participaron o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, a voceira do PP de Galicia, Paula Prado, así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.
Pablo Taboada, quen se fixo cargo da Presidencia do PP a nivel local no ano 2009, continúa exercendo de presidente desta agrupación local tra-la elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local.
O recén elexido presidente presentou a lista do comité local, no que figuran: María Cristina Lodeiro, Marta María Penas, Carlos Dablanca, Fernando Alfredo Pensado, Eugenio Mato, María Aurora Vila, Alba Villasante, José Ramón García, María Mejuto e Amando Sande.
Por outra banda, o presidente provincial, José Manuel Barreiro, calificou o conclave como un acto sinxelo pero con transcendencia e dun proceso de afianzamento do futuro.
“Mantense ao frente do PP de Palas de Rei unha persoa acreditada políticamente que leva anos no partido e que está demostrando ser un gran alcalde”- manifestou Barreiro, quen resaltou do reelexido presidente a súa cercanía cos veciños e que soupo gañar as eleccións con grandes resultados.
FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA DO REELEXIDO PRESIDENTE DO PP DE PALAS DE REI
Ademais de ser o actual rexedor do municipio lucense dende a celebración das últimas eleccións municipais en maio de 2011, Pablo Taboada Camoira conta cunha ampla traxectoria na política local, onde ocupou durante anos a acta de concelleiro, sendo a maiores, entre os anos 2007 e 2011, o tenente de alcalde.
Nado no ano 1971 en Palas de Rei, o reelexido presidente do PP de Palas de Rei cursou estudos de empresariais na Universidade de Santiago de Compostela e é funcionario da Administración Local dende o ano 1994.