Lugo, 5 de setembro de 2013.- Logo de que onte se pechara o prazo para presentar as candidaturas para liderar a agrupación do PP de O Vicedo, o popular José Jesús Novo Martínez convértese no único postulante á presidencia do PP local neste concello mariñán.
O que é o actual presidente do Partido Popular de O Vicedo dende a constitución do último comité local, no ano 2007, aspira agora a seguir liderando a agrupación local.
Así, a militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección durante o congreso local, cuxa celebración está prevista para o vindeiro 20 de setembro ás 21: 00 horas no municipio de O Vicedo.
Ademais de ser o actual rexedor do municipio lucense dende xaneiro do 2001, Novo Martínez desempeñou a labor de tenente de alcalde entre os anos 1995 e 2001.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Nado no ano 1959 en Estaca de Bares, o actual alcalde do municipio cursou estudos de Náutica pesqueira.No que atinxe ao eido político, Jesús Novo Martínez é afiliado ao partido popular dende o ano 1994, e desempeña, ademáis da labor de rexedor, a de Deputado Provincial e Coordinador Sectorial de Pesca na Executiva Provincial do PP.