Partido Popular de Lugo

Dolores Castro: “a Deputación enganou aos veciños de O Courel posto que non levou a cabo as prometidas labores de desbroce”

Folgoso de O Courel, 4 de setembro de 2013.- A alcaldesa de Folgoso de O Courel, Dolores Castro, denunciou esta mañá o incumprimento e o engano por parte da Deputación de Lugo aos veciños de O Courel no tocante aos desbroces.

“O Organismo Provincial anunciou a bombo e platillo, fai tres meses, que se iniciaban os traballos de desbroces e a día de hoxe, a Folgoso de O Courel non chegou nin unha soa máquina para facer estas labores”- denunciou Dolores Castro, quen engadíu que as cunetas presentan un gran perigo debido a que están repletas de maleza e tamén de grandes fochancas.

Castro denunciou que pasou o verán, a época de maior risco de incendios, de maior afluencia en materia de turismo, e os cidadáns tiveron que soportar estas condicións perigosas e lamentables.

“A irresponsabilidade da Deputación fixo que os cidadáns tiveran que transitar por estradas perigosas, repletas de buracos e maleza, poñendo en risco a súa vida e danando considerablemente os vehículos”- denunciou Castro quen lamentou que os cidadáns tivesen que soportar esta situación e que se levaran unha mala imaxe deste concello lucense.

A popular lamentou que, outro ano máis, O Courel tivo que soportar a liña emprendida pola Deputación, quen se apresura en lanzar anuncios sen facelos realidade.

“No 2012, a Deputación iniciou os traballos de desbroce moi tarde, concretamente, no mes de outubro, e todo indica que este ano, iremos polo mesmo camiño”- denunciou a rexedora.

Castro tildou de “surreal” e “tomadura de pelo” a nefasta xestión do Organismo Provincial, quen demostrou unha vez máis que non lle importa as graves consecuencias que poden traer consigo estas irresponsabilidades e criticou que a Deputación sexa a única administración que non cumpre en materia de infraestructuras co Concello de O Courel.