Lugo, 3 de setembro de 2013.- Cerrado o prazo para presentarse como candidato á presidencia do PP de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, foi o único que presentou a súa candidatura.
O que exerce dende o ano 2007 como presidente do Partido Popular neste concello de A Mariña, aspira a seguir liderando á formación política co respaldo do congreso que terá lugar o venres 19 de setembro e que o conxunto da militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección.
Demetrio Salgueiro é alcalde de Xove dende o ano 2007. Cabe destacar que a súa toma de contacto coa política ven dende o ano 2003, cando xa foi nas listas para concurrir as eleccións municipais daquel ano.
FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA
Natural de Xove, Demetrio Salgueiro naceu o día 2 de xullo de 1971. Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, afiliouse ao Partido Popular no ano 1988.
Agora en excedencia, Salgueiro Rapa traballa como economista no Concello de Burela.