Partido Popular de Lugo

O lamentable estado de dúas estradas provinciais leva ao PP de A Fonsagrada a pedir a Besteiro o seu arranxo inmediato

Fonsagrada, 2 de setembro de 2013.-  O PP de A Fonsagrada rexistrou esta mañá unha moción, que levará á vindeira sesión plenaria, para pedir ao presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que arranxe, inmediatamente, as barrancadas acontecidas dende fai máis dun ano en dúas estradas provincias.

“Trátase da estrada LU-P-1901, que une A Fonsagrada con Navia de Suarna, concretamente no punto kilométrico 8 e a estrada LU-P-1910 que vai dende Naraxa a Puente de Boadil, no punto kilométrico 13.250”- manifestou o voceiro dos populares na Fonsagrada, quen lembrou que os viais están repletos de barrancadas e moi mal sinalizados e obrigan aos vehículos a circular prácticamente por un so carril.

Tobías Martínez lembrou que o seu partido ven denunciando dende fai tempo o lamentable estado destes dous viais pero sen embargo a Deputación de Lugo fai caso omiso.

“No tocante a estrada que une a Fonsagrada con Navia de Suarna, o tráfico é moi fluido e circulan vehículos coma o transporte escolar; someténdose a un gran perigo posto que a estrada está en condicións lamentables e, a maiores, está mala situación non é visible posto que a maleza invade o vial e non se visualiza este estado”- denunciou o popular.

“No que atinxe á estrada LU-P-1910, que une A Fonsagrada con Asturias, por Cangas de Narcea e San Antolín de Ibias, concretamente no punto kilométrico 13.250, que vai dende dende Naraxa a Puente de Boadil, a situación tamén é lamentable xa que so existe un carril para a circulación de vehículos.

Ante esta deplorable situación, os populares de A Fonsagrada pedirán na vindeira sesión plenaria municipal, á Deputación de Lugo, o arranxo inmediato destas dúas estradas, posto que o responsable desta mala situación é o Señor Gómez Besteiro.