Partido Popular de Lugo

O PP tacha de “incomprensible” a postura do alcalde de Riotorto que renuncia a unha residencia – centro de día que se concedera ao municipio

O Partido Popular de Riotorto tacha de “incomprensible” a postura do rexedor local, Federico Gutiérrez (BNG), ao votar en contra de que Riotorto conte cunha residencia de maiores e centro de día, que crearía e xestionaría a Deputación Provincial de Lugo, e para cuxo fin recolle unha dotación económica os orzamentos do ente lucense.

O posicionamento do nacionalista durante a sesión plenaria extraordinaria celebrada hoxe a petición do PP para garantir esta infraestrutura en Riotorto, demostra que o alcalde se move por intereses partidistas no lugar de atender ás demandas dos veciños de Riotorto, ata o punto de chegar a entregar unha residencia de maiores e centro de día, cuxa construcción fora aprobada no municipio.

Esta actitude de Federico Gutiérrez, que tiña nas súas mans que Riotorto teña residencia, está a votar a perder un investimento na localidade de 1.400.000 euros, para unha poboación cun amplo número de persoas maiores, así como a consecuente creación de postos de traballo.

Nun salón de plenos abarrotado por veciños que demandan esta dotación de imperiosa necesidade para o municipio, o rexedor local puxo de manifesto que o BNG non quere a residencia nin o centro de día en Riotorto, pese a haber un dotación nos orzamentos da Deputación Provincial de Lugo para construír este infraestrutura na localidade.

Esta situación só leva aos populares a criticar que un rexedor desperdicie esta oportunidade e máis tendo en conta que os populares aseguraron que a construcción e xestión da residencia – centro de día estaba perfectamente garantida, sendo anunciada mesmo polo alcalde, que agora renuncia a ela

Feito que leva ao PP a manter a súa sospeita sobre a existencia dun pacto dentro do BNG para que o investimento previsto na residencia –centro de día de Riotorto se traslade e beneficie a outro concello da Mariña.

Sorprendente negatividade do PSOE

Se os populares amosan a súa sorpresa ante que un rexedor local no queira unha residencia que se lle concedeu a Riotorto, máis “chamativo” aínda lle parece ao PP de Riotorto o voto en contra do PSOE do municipio.

Mentres que os populares sospeitan da existencia dese pacto no BNG para perder este investimento, dende a formación do PP pregúntanse polos motivos que levan a un partido local a non solicitarlle a un rexedor municipal que non se perda un investimento que aportaría a Deputación Provincial de Lugo.

Así, os populares repróchanlle aos socialistas que non chegasen a mostrar unha actitude activa e proclive na defensa dos intereses dos veciños, e máis tendo en conta que a Deputación Provincial de Lugo está a ser gobernada pola súa mesma cor política.

Polo tanto, dende a formación popular piden explicacións e queren coñecer as razóns que levan aos socialistas a non querer que a residencia e o centro de día sexa unha realidade, e axudar a evitar que a xestión do alcalde nacionalista “chea de mentiras” prive aos veciños da localidade deste investimento.

O alcalde que non quere unha residencia e un centro de día para o seu municipio

“O que está claro”, explican os populares e a documentación así o avala, é que Federico Gutiérrez non quere a residencia nin o centro de día en Riotorto feito detrás do que se poden esconder intereses partidistas, que tentou cubrir con reiteradas mentiras.

Así, os populares achacáronlle durante a sesión plenaria ao rexedor que non fose nin quen de adquirir os terreos, solicitando un préstamo que foi devolto cos seus conseguintes intereses ás arcas municipais e tendo a pretensión de mercar terreos que non cumprían os requisitos. O PP pregúntase se estarán ante un proceso no que imperan actitudes caciquís por beneficiar a algún amigos.

Deste xeito os populares pedíronlle durante a sesión plenaria a Federico Gutiérrez que explicase a mentira anunciada na Feira do Ferro do ano 2012, onde o alcalde aseguraba que o concello xa tiña adquiridos terreos, cando agora se está a renunciar á residencia e ao centro de día.

Traballo dos populares

O Partido Popular de Riotorto seguirá a promover iniciativas, que anunciará a próxima semana, para evitar que o municipio se quede sen unha residencia de maiores e centro de día.

Con esta pretensión, os populares xa repartiron un díptico informativo que recollía as verdades desta xestión, ao tempo que solicitou a celebración do pleno extraordinario celebrado hoxe e que evidencia que o PSOE e o BNG non queren unha residencia nin centro de día para Riotorto.