Partido Popular de Lugo

López Penabad “Se tan contento estaba no seu anterior posto de traballo que fan presuntamente malversando fondos da Deputación”

O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad dixo hoxe en rolda de prensa que os veciños non poden entender que, se tal e como asegura o alcalde, todos os integrantes do goberno local teñen traballo fóra da política continúan amparando que se está a cometer unha presunta malversación de fondos desde a Deputación provincial a través da trama de asesores.

O dirixente popular volveu a insistir hoxe en rolda de prensa na necesidade de que o alcalde de Ribadeo explique como é posible que un dos seus concelleiros, Vicente Castro, estea a soldo da Vicepresidencia da Deputación provincial e traballe en exclusiva para o concello, uns feitos que están en mans da Xustiza

O ALCALDE PERDE OS NERVIOS

Jesús López Penabad lamentou que en vez de dar as explicacións axeitadas sobre este tema o alcalde perda os nervios e incida no ataque persoal contra a súa persoa burlándose nun tema tan sensible como é o desemprego, unha resposta desproporcionada que o converte en indigno para seguir exercendo o posto de traballo que ocupa.

Para o dirixente popular esta actitude nerviosa e resposta crispada do alcalde amosa que a esixencia de explicación por parte do Partido Popular “pincha en oso” e, polo tanto, poñían en coñecemento público uns feitos canto menos irregulares sobre os que, coa estratexia de xerar cortiñas de fume e outras polémicas, pretenden agochalos sen dar explicacións.

MILITANCIA POLÍTICA

López  Penabad lamentou que Suaréz Barcía insiste en descualificacións de tipo persoal sobre a súa persoa e insistiu en que a diferenza dos asesores nomeados a dedo, el  nos seus empregos paseou por un proceso de selección cos principios de mérito e capacidade. Pola contra atribuíu ás palabras de Suárez Barcia a un recoñecemento explícito do que fai como alcalde, “xestionar e contratar probablemente en función da militancia político do traballador de turno”.

O presidente dos populares de Ribadeo rematou asegurando que Ribadeo ten “un alcalde indigno do seu posto, cunha importante falta de responsabilidade tanto dende o punto de vista político como dende o punto de vista dos valores éticos. É inadmisible que cando dende o PP esiximos explicacións ante esta flagrante irregularidade, Suárez Barcia evite calquera explicación e que se vexa abocado a recorrer ao ataque persoal para defender un tema político”