Partido Popular de Lugo

O PP pregúntalle a José García se fará o traballo de tonto útil politicamente e se venderá aos veciños como o fixo Federico Gutiérrez

O Partido Popular de Riotorto pregúntalle ao tenente de alcalde, José García, se vai facer o traballo de tonto útil politicamente e se venderá aos veciños como fixo o propio rexedor, Federico Gutiérrez, en relación á renuncia de construír unha residencia de maiores en Riotorto.

Dado que o alcalde non deu resposta as preguntas dos populares, dende a formación política queren saber se José García comparte esta presunta negociación no BNG para que o investimento destinado a dotar a Riotorto dun centro de maiores, se leve a cabo no concello de Ribadeo.

Os populares aclaran que o seu partido non está en contra de que se leven a cabo iniciativas que beneficien aos ribadenses, pero reprenden que este feito vaia en detrimento dos veciños de Riotorto, que cunha importante porcentaxe de poboación maior, non contará con este servizo dado a “falta de xestión do goberno nacionalista que preside Federico Gutiérrez”

O Partido Popular denuncia que esta situación “nos leva a estar ante un alcalde que vende aos seus veciños”, ademais “de enganalos coa promesa de construír unha residencia, que lle supuxo aos riotortenses un custo engadido dado aos intereses do préstamo para a compra de terreo que finalmente non se materializou”.

Neste senso, dende o PP local pregúntanlle ao tenente de alcalde se non eran conscientes da necesidade de prazas concertadas e de que o concello non podería sufragar o custe que lle tocaba da residencia, ante de vender a “bombo e platillo” esta infraestrutura.

Ademais, os populares tamén lle preguntan a José García que de ver inviable o proxecto da residencia, por qué  solicitaron un préstamo que supuxo uns intereses de entorno a 22.000 euros

“Enganaron aos veciños”, reinciden os populares e polo que “esiximos explicacións ao tempo que dende o PP local esperan que o tenente de alcalde non “venda aos riotortense igual que fixo o rexedor e desta vez si nos dean explicacións ao respecto”.

Un servizo de gran demanda para o municipio

Os populares de Riotorto lamentan que a falta de xestión do goberno municipal xunto a renuncia a unha subvención de 1.200.000 euros para construír a residencia, estea a privar aos veciños dun servizo que non conta o municipio e de vital importancia para a localidade.

O Partido Popular de Riotorto censura que un alcalde evite que un concello, onde o 40% dos habitantes son persoas maiores dos 64 anos, dispoña dun centro para eles; ademais de denuncia a súa consecuente perda de postos de traballo que crearía a dotación desta infraestrutura.

“É lamentable” reinciden os populares que o concello, que só debería adquirir os terreos, non foi quen de levar a cabo as xestións oportunas para que Riotorto dispoña dunha residencia de maiores.