Partido Popular de Lugo

O PP de Castroverde denuncia os malos cheiros provocados pola rede de sumidoiros no barrio da Feira

O Partido Popular de Castroverde denuncia os malos cheiros provocados polo nulo mantemento da rede de sumidoiros no entorno das tabernas de polbo do barrio da feira.

Os donos de negocios da zona trasladaron fai meses as súas queixas ao alcalde socialista, Xosé María Arias, quen fai oídos sordos –segundo explican os populares- ás demandas dos veciños, que se ven afectados por un problema que se repite ano tras ano.

A voceira do populares, María Josefa Gómez Pallín, explica que esta situación se agrava durante os meses de verán e repercute de forma significativa nos negocios da zona.

Tanto é así que durante a última edición da Feira Artesán do municipio, as queixas de veciños e foráneos foron constantes, xa que as persoas que se acercaban aos locais para degustar o polbo, “non se atopaban cómodas polo fedor existente no lugar”, exemplifica a popular.

Falta de mantemento na rede de sumidoiros

A formación popular de Castroverde censura a falta de mantemento da rede de sumidoiros. Unha situación que os populares cualifican de “insalubridade total e absoluta” fronte a cal o alcalde socialista “ten o deber de .actuar e solucionar xa que os veciños da zona, así como os turistas que visitan o concello nesta época, non teñen por que convivir con estes malos olores”, asegura a popular.

Ante esta situación, María Josefa Gómez Pallín traslada a petición do Partido Popular de Castroverde que demanda ao alcalde que poña todos os medios para solventar o problema, “xa que este tipo de actuacións son servizos básicos aos que os veciños teñen dereito”, conclúe.