Partido Popular de Lugo

O PP alerta de que a renuncia á residencia de Riotorto pode ser debida a un pacto no BNG para que o investimento se realice en Ribadeo

O Partido Popular de Riotorto esíxelle a Federico Gutiérrez que diga a verdade en relación a que o municipio se quede sen unha das residencias para a terceira idade que serían construídas e xestionadas pola Deputación de Lugo, ao tempo que dende a formación popular tachan ao alcalde nacionalista de antepoñer os intereses partidistas aos dos veciños.

En concreto, os populares pídenlle ao rexedor local que aclare se existe algún pacto dentro do BNG, para que este investimento non se materialice en Riotorto, senón que beneficie  a outro concello da Mariña, neste caso Ribadeo. Deste xeito, os populares alertan da existencia dun posible pacto dentro do BNG para que este investimento se realice en Ribadeo.

Así o puxeron de manifesto os populares logo de denunciar que Riotorto se quede sen residencia da terceira idade pola falta de xestión e deixadez de funcións do equipo de goberno local, que bota balóns fora –segundo o PP de Riotorto- e intenta culpabilizar a outros entes administrativos de que este investimento non se materialice na localidade.

“É lamentable”, denuncian os populares, que ao rexedor se lle “enchese a boca vendendo unha residencia para maiores en Riotorto”, cando nin tan sequera, “tiña daquela adquiridos os terreos onde se levantaría o edificio que tería a finalidade de centro para maiores.

Os populares explican que non se pode culpabilizar a outras administracións de que os veciños de Riotorto non teñan unha residencia de maiores cando o propio rexedor “froito da súa irresponsabilidade” e despois de “enganar e mentir aos veciños”, non chegou a ser quen de realizar as xestións oportunas, ata o punto de supoñerlle un custo a maiores de 22.000 euros ás arcas municipais, froito dos intereses do préstamo solicitado para a compra do solar que finalmente non se materializou.

Anticipar intereses partidistas antes que defender aos vecinos

O Partido Popular de Riotorto lamenta que o alcalde da localidade chegue a anticipar os intereses partidistas, á defensa de que os veciños conten cun servizo en benestar.

A falta de xestión e irresponsabilidade de Federico Gutiérrez, segundo os populares locais, é a que privou ao riotortenses de que na localidade se materializase un importante investimento económico, que permitiría ao municipio dispoñer dun servizo do que ata o momento non conta.

“É imperdonable a falta de rigor e traballo, así como a despreocupación” á hora de deixar perder este financiamento que permitiría a dotación dunha infraestrutura de gran demanda e necesidade para os veciños do municipio.

Neste senso, os populares locais explican que A Fonsagrada, Trabada e Pol terá unha residencia, que reúnen as mesmas condicións que a que se tiña previsto construír en Riotorto, salvo que nestes concellos “xestionase con máis responsabilidade”.