Partido Popular de Lugo

COMUNICADO GPP

Os populares amosan a máxima disposición para celebrar un pleno extraordinario e subscriben a posición feita polo PPdeG en relación coas declaracións do alcalde de Barralla

O Partido Popular vén de esixir a dimisión inmediata do deputado provincial e voceiro socialista na Deputación de Lugo, Manuel Martínez obrigados ante a falta de educación e actitude denigrante amosada por este señor no transcurso da Xunta de Portavoces que tivo lugar no día de hoxe.

Os populares explican que a actitude deste deputado, carente da mínima educación e respecto, obrigou á voceira popular a abandonar a xuntanza logo de explicar a posición do seu grupo ante os asuntos expostos.

Os populares manifestan a máxima colaboración coa institución se queren celebrar unha sesión extraordinaria do pleno provincial no mes de agosto, para incluír como asunto a tratar as declaracións do alcalde de Baralla e insisten en sumarse e subscribir na súa integridade á posición feita pública nas pasadas datas polo Partido Popular de Galicia en relación con esta cuestión.

Con todo, reiteran a improcedencia, gravidade e censura da actitude amosada polo voceiro socialista na Deputación de Lugo e a pertinencia do seu cese, por ser autor de afirmacións que incluso poden considerarse directamente discriminatorias contra a voceira popular, e que non son tolerables en democracia. Do mesmo xeito insisten en que non van a recibir leccións dun señor que dirixe cualificativos como “palanganero” en referencia a outros cargos públicos aos que debera gardar respecto, como mínimo institucional.

O Grupo Provincial Popular amosa o seu convencemento máis profundo en que, cada día que pasa, resulta máis indignante que Jose Ramón Gómez Besteiro manteña no seu cargo a unha persoa como Manuel Martínez que é indigna de continuar como representante público e que nos ten afeitos a unha actitude insultante e descualificadora na que reincide continuamente e non debera estar amparada por ningún partido político.