Riotorto 8 de agosto de 2013.- O PP de Riotorto salíu esta maña a palestra logo das declaracións verquidas polo rexedor no tocante a votación do seu partido e da oposición a moción popular de condea do terrorismo.
Os populares aseguraron que o señor Federico Gutiérrez e o menos indicado para falar de presunta malversación porque “que sepamos nós, o único que esta a investigar a xustiza por unha presunta malversación de fondos públicos é un exconselleiro do BNG lucense”- manifestou o PP quen engadeu que polo tanto, “leccións ao PP cero e menos dun rexedor que se adica a saltarbarricadas e exercer de pancartero, de aí a situación e o contexto do concello de Riotorto”.
No tocante á “desfeita” da que fala o señor Gutiérrez, os populares aseguran que son tan culpables os nacionalistas como os socialistas da situación que vive España, “uns por levar a cabo actuacións irresponsables e nefastas xestións, e outros por aprobar esas iniciativas, entre outras os Orzamentos Xerais do Estado”.
Lembran os populares que no Concello de Riotorto dase, desgraciadamente, un goberno de perdedores. “Trátase dun pacto levado a cabo polos derrotados; persoas que perderon as eleccións e que se uniron para non deixar gobernar ao partido vencedor”- lembraron os populares, quenes afirman que foron eles os elexidos polos veciños pero que sin embargo decidiron emprender un pacto de derrotados, o que supón por parte do Señor Gutiérrez un interés particular ao interés dos veciños de Riotorto.