Pol 6 de agosto de 2013.- O PP de Pol anunciou esta maña un cambio a nivel interno no partido.
A que foi nomeada presidenta dos populares neste concello, no congreso local que tivo lugar o pasado mes de xuño, pasa a asumir dende hoxe o cargo de voceira.
María Ángeles Lenza López substitúe así a Artemio Carballés, quen desenvolveu ata o de agora esta labor e que a partires de hoxe continúa como membro da corporación e vicevoceiro do PP de Pol.
Lenza López manifestou que malia que agora a labor de voceira recaiga na súa persoa continuará a contar con Artemio Carballés para tódalas decisións que se tomen dende o PP de Pol.