Riotorto 6 de agosto de 2013.- Logo da sesión plenaria municipal celebrada no concello de Riotorto, onde socialistas e nacionalistas votaron en contra da moción popular onde se manifestaba o rexeitamento e condena ao terrorismo, e por suposto o levado a cabo por Resistencia Galega, os populares puxeron de manifesto que con esta actuación, tanto o PSOE como o BNG demostraron que defenden e apoian os actos vandálicos e están a favor do terrorismo e dos feitos levados a cabo por Resistencia Galega.
Os populares aseguran que con esta moción pretenderon solidarizarse coas víctimas destes atentados e apoiar ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destas actos, rexeitando calquer tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos.
O PP de Riotorto afirmou que chama a atención a postura do edil socialista de Riotorto, José García Freije, posto que o PSOE sufríu atentados nas sedes do seu partido e él mesmo atribuíu ao grupo Resistencia Galega como autora dos feitos. Engaden os populares quen con esta actuación, García Freije, antepón os seus intereses particulares aos de tódolos veciños e cidadáns-
Concluen os populares insistindo que a votación do PSOE e BNG demostra que estes grupos políticos apoian os actos vandálicos e están a favor dos feitos desenvolvidos por Resistencia Galega.