Lugo, 5 de agosto de 2013.- Tra-lo anuncio de retirada do que ata o de agora era o voceiro do Grupo municipal do PP de Becerreá, Antonio Rodríguez Madarro, os populares continúan a configurar o partido neste concello da montaña lucense.
As primeiras novidades déronse esta fin de semana, tra-lo anuncio de que a edil María Jesús Roldán Rodríguez, sería a encargada de asumir a portavocía do Grupo Municipal do PP en Becerreá e o edil Javier Álvarez, ocuparía a viceportavocía.
A outra novidade anunciouse esta mañá, onde os populares informaron que será Sonia Prados Gómez a encargada de substituír a González Madarro dentro da corporación municipal de Becerreá.
Natural do lugar de Quintá de Cancelada, na parroquia de Tucende, en Becerreá, Prados Gómez naceu o 17 de novembro de 1978.
No que atinxe á presidencia do PP local, esta decidirase nos vindeiros meses coa celebración dun congreso local, convocatoria na que traballan dende a directiva provincial.