Partido Popular de Lugo

O PP da Fonsagrada censura que a doazón de Rois se convertese anos despois “en escombro”

A Fonsagrada, 1 de agosto de 2013.-  O Partido Popular da Fonsagrada censura e lamenta  que a doazón do Sr. Rois de la Peña se convertese anos despois “en escombro”.

Os populares explican que Rois de la Peña doou ao Concello da Fonsagrada unha herdanza valorada en máis de  600.000 euros que se destinarían a construcción dun edificio para a terceira idade. A non adecuación á normativa específica obrigou ao derrubo deste edificio en construcción, o que provocou o ‘despilfarro’ desta importante contía económica.

Dende o PP da Fonsagrada lamentan que a día de hoxe non se poidan “recabar responsabilidades aos participes desta mala xestión da herdanza, ao ser imposible pedir unha auditoría ante a falta ou extravío de documentos. Só deixaron débedas”.

Os populares lamentan que pasados os anos se continúe a emprender actuacións cando “menos criticables”, en relación a esta xestión, xa que tal e como aseguran dende o PP local “a ningún veciño ou constructor da Fonsagrada se lle deixa depositar escombro nun lugar, destinado nun futuro para campo de fútbol –exemplifica-, sen embargo, a empresa encargada da demolición dos restos do edificio da Fundación Rois si tivo esta licencia”.