Partido Popular de Lugo

O PP valora remitir a Xustiza os feitos acontecidos co nomeamento de Xoán Estúa

O Partido Popular valora co seu servizo xurídico a posibilidade de dar traslado á Xustiza dos feitos acontecidos co nomeamento da Xoán Estúa logo que durante o Pleno provincial que tivo lugar no día de onte o bipartito da Deputación vírase na obriga de recoñecer “non un erro, senón un feito, que este señor percibía un soldo por estar adscrito a unha área de goberno pero traballaba na sede do BNG de Foz.

Pese ao intento de PSOE e BNG por restar importancia e gravidade destes feitos, atribuíndoos a un erro na publicación do nomeamento no Boletín Oficial da Provincia –un erro que tardaron dous anos en corrixir-, a realidade é que ningún destes grupos aceptou reintegrar os salarios “indebidamente percibidos por este traballador”, tal e como así llo esixían os populares a través da moción plenaria

SITUACIÓN FRAUDULENTA

Insisten en cualificar estes feitos como de “fraude político co diñeiro dos lucenses” xa que está máis que comprobado que Xoán Antón Estúa estivo realizando labores políticas en Foz, mentres estaba percibindo un salario por estar adscrito a unha área de goberno do ente provincial, concretamente a de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico.

NAS INSTALACIÓNS DA DEPUTACIÓN

Os populares aclaran tamén que aínda que esta persoa estivese nomeada como traballador do Grupo Provincial do BNG e non da área de Goberno –tese que defenden desde a Deputación, a pesar do contido do BOP-, debería estar a traballar como mínimo na súa xornada laboral, nas instalacións que esta formación política ten na Deputación de Lugo e non na sede do BNG en Foz, ou participando nas manifestacións que convocan na Mariña, a case un cento de quilómetros de distancia.