Partido Popular de Lugo

O PP solicita un pleno extraordinario para pedir o mantemento das axudas a Apreval

O Grupo Municipal Popular do Valadouro –como forza política máis votada no municipio- formulará a petición oficial de convocatoria dun Pleno extraordinario para esixir ao Equipo de Goberno que non recorte as axudas que o Concello viña outorgando a Apreval, a Asociación de Promoción e Recuperación Ecuestre do Val de Ouro, encargada da organización da Equiouro.

Desde o PP lembran que en anualidades pasadas este colectivo viña recibindo do Concello 3.000 euros para o a execución das súas actividades, unha cantidade que pretende ser recortada ata a metade, segundo confirman as declaracións efectuadas polo tenente de alcalde, María José Fernández.

Os populares fundamentan a necesidade de apoiar a Apreval en base a criterios obxectivos tales como a repercusión de índole autonómica que ten Equiouro convertida nunha cita de referencia para o concello do Valadouro e para todos aqueles que buscan poñer valor o mundo do cabalo. De feito, non se trata dunha actividade calquera senón que inclúe a final do campionato galego de andadura e, como actividade independente a da Copa, ambas relevantes. Incluso, O Valadouro ten a honra de contar co campión galego nesta modalidade nos últimos anos.

Os populares aclara ademais, que o apoio do Concello non só serviría para estes dous eventos senón para facer posible a intención de Apreval de manter a súa actividade todo o ano

O Grupo Municipal Popular recorda ao tripartito que O Valadouro dispón da única pista de andadura de Galicia impulsada para albergar este tipo de eventos e construída,precisamente, en terreos cedidos polo Concello. Un feito diferencial que xustifica aínda máis a necesidade de contar, como mínimo, coa mesma colaboración económica que viña prestando ata o de agora o Concello.

UDIVAL: PRIMEIRO O ASESOR LOGO ÁS ASOCIACIÓNS

Desde o Partido Popular salientan o mal que inicia a súa xestión a tenente de alcalde e responsable da área de Cultura, María José Fernández, e se preguntan como é posible que o Concello destine cartos públicos para pagar o salario do asesor de Udival pero non para as principais citas sociais e culturais do municipio.

Lamentan que a resposta de María José Fernández sexa a de intentar xerar un enfrontamento entre asociacións quen non ten nin lóxica, nin fundamento. Pódense darlle 3.000 euros a Apreval como se viña facendo e incrementar tamén as axudas a outros colectivos, en función do programa de actividades que realicen a capacidade de xustificar gastos.

O PP por exemplo non está en contra de que se aumente a axuda, si así para asociacións como o Motoclub, e de feito se quere pode facerse, xa que o Concello aumentou nun 22% a partida para festexos. Lonxe diso, parece claro que o tripartito o que aumenta por un lado pretende recortalo polo outro, como fai coas axudas ás principais asociacións do municipio, supoño que para destinar estes cartos a outras prioridades de Udival, como o soldo do asesor.