Partido Popular de Lugo

O PP local amósase contundente e reclama que compareza alguén e dea explicacións sobre o resultado que presenta a obra

O Partido Popular de Mondoñedo amosase contundente en relación co estado que presenta a obra do entorno da catedral, seminario e rúa da Fonte e reclama que alguén dea explicacións sobre o resultado con claras deficiencias irreparables que presentan unhas obras que supoñen un investimento de máis dun millóns de euros.

Os populares consideran necesario que alguén terá que dar explicacións e asumir responsabilidades ao respecto de como quedou esta obra que inhabilitou un espazo público, prexudicando o día a día dos veciños dado a dificultade para estacionar.

Dende o Grupo Popular reiteran que as deficiencias son claras e evidentes na citada infraestruturas, tal e como vén denunciando dende fai tempo, e engade que nunha obra de tanto diñeiro público non se debe fomentar ningunha dúbida.

Do mesmo xeito, os populares pregúntanse o porqué o alcalde se nega a crear unha comisión de investigación se tal e como poñen de manifesto non hai nada que ocultar. As dúbidas non as ten o PP, explican, senón todos os veciños que teñen dereito a coñecer a situación.

As declaracións vertidas polo equipo de goberno en prensa poñen de manifesto que as denuncias dos populares son certas e que non mente, e que a obra presenta deficiencias irreparables non só en melloras que non están executadas –sendo determinantes na adxudicación da obras-, senón tamén no resultado das levadas a cabo e xa pagadas.

Deste xeito, o PP vese obrigado de novo a denunciar que o equipo de goberno non realizara un control rigoroso nunha obra que dende o principio foi rexeitada polos veciños. Os populares explican que a obra quedou mal, faltan melloras por executar e a reclamación da empresa faise tarde e mal, polo que é necesario e evidente que alguén terá que comparecer, dar explicacións, e, sobre todo, asumir responsabilidades.