O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, informa que ata un total de 103 familias da localidade poderán verse beneficiadas pola nova de Lei de Costas, ao ter a posibilidade de legalizar as súas vivendas, dende o máximo respecto ambiental –as anteriores a 1988-, ou de solucionar a serie de problemas cos que se viñan atopando os propietarios de vivendas no litoral para a realización de obras menores.
Así, o popular explicou que esta nova lei inflúe nun total de 2,52 hectáreas, cunha maioría das construcións anteriores a 1989, o 82,5%; mentres que 15 son posteriores a esta data, e de tres delas non se pode valorar a data de edificación.
Deste xeito, o popular explica que a nova normativa afianza e dá seguridade xurídica aos propietarios das edificacións tradicionais do litoral anteriores ao ano 1988, que poderán legalizar as súas vivendas, dende o máximo respecto ambiental.
O restantes dos titulares de vivendas posteriores a 1988 veranse beneficiados ao mudar a normativa para a realización de obras menores, que permitirá reducir o longo proceso administrativo e a dificultade de obter licenzas, “ sempre dende o máximo respecto ambiental e dende a garantía dunha rigorosa disciplina urbanística”, puntualiza López Penabad.
López Penabad explica que destas edificacións, un total de 18 están asentadas en solo urbano, mentres que 85 en solo rústico, que a pesar das restricións medioambientais, poderán ser incluídas legalmente nos plans de ordenacións.
Sensibilidade do Goberno central
Deste xeito, López Penabad explicou que este texto legal supón “un paso decisivo para os concellos costeiros ao protexer, ordenar e mellorar os valores paisaxísticos e ambientais da costa galega”.
Por último, o popular agradece a sensibilidade do Goberno central para darlle solución a unha serie de problemas cos que se viñan atopando os propietarios de casas no litoral, sempre protexendo a costa e beneficiando aos que estaban lexitimamente no litoral.