Partido Popular de Lugo

Todo parece indicar que Orlando González pagou a última certificación da obra do entorno catedral sen estar executadas todas as melloras

O Partido Popular de Mondoñedo denuncia que todo parece indicar que o equipo de goberno municipal –PSOE e BNG- pagou a última certificación da obra do entorno da catedral, sen estar executadas todas as melloras comprometidas pola empresa e que foron o criterio practicamente determinante para a concesión da obra á firma adxudicataria.

Os populares explican que o seu grupo pon de relevo esta situación tras cumprir coa súa función fiscalizadora do goberno e ter acceso ás certificacións pagadas da obra de reordenación de espazos públicos do entorno da catedral, praza do seminario e rúa da Fonte.

Analizada a documentación a que tivo acceso, o PP alerta de que a última certificación pagada data do 30 de novembro de 2011, cando faltaban máis de 149.000 euros en melloras comprometidas sen executar.

Dunha maneira máis concreta e segundo a documentación facilitada, os populares explican que no momento do pago da última certificación, a empresa cobrara o importe de 916.445 euros –contía pola que fora adxudicara a obra-, sen embargo, as melloras estaban valoradas en 415.386 euros, faltando 149.828 euros en melloras sen executar.

No expediente da obra coa documentación a que se lle facilitou acceso ao PP, soamente se recollen  melloras nas certificacións números 7 e 8, por importes de 184.857 e 80.701.95 euros, que sumadas alcanzan 265.558 euros, restando 149.828 do total das comprometidas -415.386 euros-.

Voto en contra da creación dunha comisión de investigación

Esta situación, segundo explican os populares, parece indicar que o equipo de goberno de Mondoñedo non se preocupou polo seguemento da obra ata que o Grupo Popular preguntou polo resultado desta construción tras apreciar a simple vista trastornos incompatibles con unha obra recén feita e que se adxudicara por un importe entorno ao millón de euros.  

Segundo expoñen os populares, a información atopada ata a data vén, desgraciadamente a confirmar, as sospeitas do PP que, sen dúbida, cada día atopa máis xustificada a necesidade de abrir unha comisión de investigación no tocante a xestión desta obra. Así o trasladou o PP ao pleno ordinario anterior, do mes maio, votando en contra o equipo de goberno. Aínda que paradoxicamente, segundo explica o  PP local, nese mesmo pleno, o equipo de goberno plantexaba un requirimento á empresa no prazo dun mesmo para corrixir deficiencias.

Os populares consideran que esta iniciativa chegaba tarde e semellaba ser un “paripé”, para xustificar o voto en contra de dar explicacións aos populares e aos mindonienses do que se fixo nunha obra de tanto diñeiro.

Sen dúbida, os populares seguen insistindo na necesidade de que se esclarezan datos e cifras e que se depuren responsabilidades. Así, o PP coñecido isto, non descarta volver a plantexar de novo a iniciativa da comisión.

Os populares non entenden que o equipo de goberno votara en contra desta iniciativa plenaria posteriormente a cal, os socialistas e nacionalistas  lle deran á empresa o prazo dun mes para que repara os trastornos ocasionados na obra.

Despreocupación do equipo de goberno.

Para o PP local esta situación amosa a despreocupación do equipo de goberno que non actuou ao respecto ata ser instado polo grupo popular, ao tempo que lamenta que Orlando González dera orde de pago da última certificación sen comprobar que todas as melloras estaban executadas, e máxime cando o concepto de melloras foi vital para que a adxudicación da obra a empresa que realizou a construción, desprazando a empresas locais na concesión para acometer esta infraestrutura.

Así, os populares amosan a súa insistencia para que este diñeiro que a empresa recolleu en orzamento baixo o concepto de melloras, non se perda.

Por último, os populares lembran que o seu grupo criticou dende o primeiro momento este obra, ao que se refiren como de “un grave erro”, ao “inutilizar unha praza que ata o momento era funcional, quedando absolutamente inservible, incómoda e insegura”.