Partido Popular de Lugo

Os populares preguntan ao alcalde de Rábade si “se cre máis listo” que o 99% dos alcaldes da provincia que solicitaron as brigadas municipais contraincendios

O Partido Popular de Rábade pregúntalle ao alcalde local, Fernández Montes si “se cre máis listo” que o 99% dos alcaldes da provincia que solicitaron as brigadas municipais contraincendios. A portavoz do PP de Rábade, María Luísa Macía, fai estas declaracións en relacións as vertidas polo rexedor municipal, nas que se escuda que as competencias para a creación dunha brigada de incendios son da Xunta de Galicia.

Deste xeito, a popular infórmalle a Fernándes Montes que a maioría dos municipios lucenses, de todas as cores políticas, asinaron o convenio coa administración autonómica que permite a contratación “deste servizo de gran importancia para a prevención e defensa contra os lumes forestais”. Polo que, segundo manifesta Macía, non é entendible que “a insensibilidade” do rexedor local “prive aos veciños desta brigada”.

A voceira popular recorda que con este proceder, ao que se refire como “lamentable”, Fernández Montes peche a porta aos rabadense da posibilidade de contratar a entre 4 e 6 veciños, durante tres meses, e de recibir unha axuda do 75% do custe deste servizo financiado pola Xunta.

Os concellos teñen competencia

A voceira popular convida ao alcalde de Rábade a coñecer a normativa vixente que recolle competencias municipais en prevención de incendios. Así, María Luísa Macía pídelle a Fernández Montes que lea e Lei 7/2012, do 28 de xuño de montes, en concreto os artigos 8 e 59, nos que se recolle que as administracións públicas en Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos a súa disposición nos termos desta lei.

 Unha actitude irresponsable

Deste xeito, os populares pregúntanlle a Fernández Montes se se atopa capaz de asumir a responsabilidade ante a posibilidade dun incendio  que se poda dar neste concello lucense.

A popular explica que as brigadas forestais son unha utilidade social relevante xa que logo ademais de colaborar nas labores de prevención e extinción durante a campaña de alto risco deste verán complementan outros recursos dispoñibles como GES, brigadas do distrito forestal e bombeiros.

María Luísa Macía conclúe que “a idea era que estas brigadas, cando non tiñan que destinar tempo a apagar incendios, fixeran labores de prevención nas masas forestais do concello, minimizando o risco de grandes lumes”