O comité local de Chantada celebrou a súa primeira reunión, con Javier Rodríguez Medela como presidente, e na que participaron ademais os concelleiros e voceiro municipal.
Esta primeira xuntanza entre membros do comité local e do grupo municipal tivo por obxectivo deseñar as principais liñas do plan de actuación a seguir e cumprir así a súa función de oposición e fiscalizadora do goberno.
Deste xeito, este encontro permitiu consensuar as estratexias a seguir e establecer as principais pautas que marcarán a ruta do PP de Chantada de cara aos próximos comicios locais.
Para elo, os populares estudaron as principais demandas dos veciños de Chantada e analizaron a xestión que está a promover o goberno local, co obxecto de non só fiscalizar, senón tamén de aportar ideas que vaian en beneficio dos chantadinos.
A reunión conxunta entre membros do comité e do grupo municipal popular permite asentar as bases que darán lugar a un partido unificado e fortalecido, un dos retos que se propoñía Javier Rodríguez Medela, tras ser elixido presidente do PP local.