Partido Popular de Lugo

González Madarro amosa a súa satisfacción trala aprobación no Pleno da delimitación urbanística do núcleo de Lamas

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio González Madarro, amosou hoxe a súa satisfacción despois de que no último pleno acordarse a aprobación da delimitación urbanística do núcleo rural de Lamas.

Lembran os populares que esta é unha iniciativa impulsada polo seu Grupo Municipal que xa, no pasado mes de marzo, propuxeron esta solución normativa a través dunha moción que ao final puido materializarse por unanimidade, a pesar das reticencias iniciais do alcalde, que parecía non darse conta dos beneficios que este cambio urbanístico aportará para os veciños  

Desde o PP non escatiman en reproches ao rexedor, Manuel Martínez a quen cualifican como “irresponsable político”, por negarse a realizar este trámite moitos meses antes, como pedía o Partido Popular e lembran que “o mesmo señor que insultaba ao portavoz popular no pleno do mes de marzo -chamándolle “palanganero”- acaba por non ter máis remedio que dar a razón aos populares sobre a solución a adoptar, e acaba intentando apropiarse da idea do PP como si partira da acción do Goberno, cando a realidade é que o único que fixo foi retrasar a solución”

O PP TIÑA RAZÓN

Os populares sosteñen que os feitos amosan que mentres uns buscan iniciativas para dar solucións outros, polo goberno, tan só saben xerar problemas. González Madarro di que este paso demostra que o Partido Popular estaba a dicir a verdade nas súas propostas para dar solución ao caos urbanístico no que o alcalde socialista do municipio mantén moitos núcleos rurais do concello, polo retraso no que vén incorrendo na aprobación do Plan Xeral.

De feito, desde o Grupo Popular, lembra que a delitimación do núcleo rural de Lamas, que é un mandato do Pleno ao alcalde de obrigado cumprimento, realizado a proposta do PP, é un trámite necesario e indispensable para solicitar, entre outras, a legalización da vivenda construída sen licenza e sobre a que pesa unha orde de derribo.