Alcaldes, concelleiros e voceiros do Partido Popular nas comarcas da Terra Chá e Meira reuníronse esta tarde, no marco das reunións territoriais que o Partido Popular de Lugo está a levar por toda a provincia e na que participaron o presidente do PP lucense, José Manuel Barreiro, o secretario xeral, José Manuel Balseiro; xunto con outros cargos provinciais, autonómicos e nacionais do partido.
O obxectivo destes encontros, que o PP de Lugo está a levar por toda a provincia durante este mes de xullo, é o de coñecer de primeira man as cuestións que afectan directamente aos cidadáns, así como as implicacións das mesmas na xestión municipal. Ademais os cargos rexionais e nacionais recolleron as súas inquietudes e as demandas concretas de cada municipio.
Da mesma maneira esta xuntanza serviu como punto de partida das tarefas de coordinación a desenvolver polos coordinadores designados no último congreso provincial: Gerardo Criado Guizán (Terra Chá) e Ramiro Pérez Freijo (Meira)
Encontros de carácter recíproco
O Partido Popular de Lugo desenvolverá estes encontros de forma periódica a través dos seus coordinadores territoriais, dentro da súa política de transparencia e de compromiso global por parte dos seus representantes en todas as administracións.
![]() |
Deste xeito, durante estas xuntanzas, ademais de coñecer de primeira man as demandas dos lucenses, tamén se transmiten aos cargos locais do partido as políticas que se están desenvolvendo dende o goberno nacional, rexional e provincial.
Calendario de reunións
A reunión celebrada hoxe en Vilalba, no Hotel Villamartín, está enmarcada dentro dun amplo calendario que ao longo do mes de xullo xa incluíu encontros na Mariña, en Chantada-Ulloa e as Nogais, e que continuarán en Lugo capital e comarca, en Sarria e un encontro en Monforte (Comarca de Lemos e zona sur)