Partido Popular de Lugo

O PP lamenta que Becerreá non conte cunha brigada municipal de extinción de incendios trala renuncia do Alcalde a colaborar coa Xunta

O grupo municipal do Partido Popular considera “unha grave irresponsabilidade” a decisión do Goberno local de non asinar o convenio de extinción de incendios coa Xunta o que implica que Becerreá non poida contar coa brigada municipal de loita contra o lume.

O portavoz popular, Antonio González Madarro, di que se trata dun novo “erro de xestión” do alcalde socialista, Manuel Martínez, que privará a Becerreá da contratación deste persoal entre cuxas funcións está a de desenvolver labores preventivas tan importantes como as de limpeza e roza das masas forestais e, no se seu caso, extinción de incendios.

ENTRE 4 E 6 CONTRATACIÓNS DURANTE 3 MESES

O edil popular lembrou que “este capricho do alcalde” supón renunciar á contratación de entre catro e seis traballadores durante un período de tres meses, cun financiamento directo da Xunta non inferior ao 75% do custe total.

González Madarro ve na actitude do rexedor municipal un exercicio de “sectarismo político” xa que Manuel Martinez é “incapaz de colaborar coa Xunta”, incluso a pesar de que a maioría dos alcaldes do distrito forestal, conscientes da súa utilidade e importancia, asumirán a creación destas brigadas, incluídos municipios gobernados polo PSOE como, por exemplo, Navia de Suarna

 

IMPORTANTE MASA FORESTAL

González Madarro lembra ademais que o termo municipal de Becerreá polas súas características xeográficas, dispón dunha importante masa forestal que, combinada coas altas temperaturas que se producen nestes meses de risco e unha primavera moi chuviosa, supón unha situación de risco que obriga a contar con todo o persoal dispoñible en tarefas de prevención e extinción, o que fai aínda máis incomprensible a renuncia do alcalde.

APOIO DA FEGAMP

Ao mesmo tempo lembra, que o convenio para a creación das brigadas forestais ao que se están acollendo a maioría de concellos da provincia conta co respaldo da Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) na que están representados todos os partidos políticos con responsabilidade municipais.