Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo reuniuse hoxe con cargos públicos da montaña lucense para coñecer de primeira man as principais reivindicacións dos veciños

O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, xunto ao secretario xeral, José Manuel Balseiro, e outros membros da estrutura da dirección do partido mantiveron esta tarde unha xuntanza con cargos públicos das comarcas da Fonsagrada e A Montaña co obxectivo de “coñecer de primeira man as principais reivindicacións dos veciños destas zonas”.

O encontro tamén serviu como punto de partida das tarefas de coordinación a desenvolver polos dous responsables territoriais, designados no último Congreso Provincial, Jesús Manuel Núñez Díaz (A Montaña) e Antonio Fernández Fernández (A Fonsagrada). Barreiro tivo palabras de agradecemento polo seu compromiso e salientou a importancia do seu traballo.

 

PROXIMIDADE AO CIDADÁN

O presidente provincial e senador, José Manuel Barreiro, tamén explicou que os afiliados e cargos públicos locais (alcaldes, concelleiros e portavoces) son os que están en contacto directo coa realidade da sociedade lucense, e por iso é polo que nesta nova etapa do partido “queremos que as súas achegas, coñecementos e traballo sexan unha prioridade que impregne as siglas do noso partido coas que podas ofrecer un futuro aos lucenses conseguindo a súa ampla confianza”.

Esta xuntanza permitiu poñer de manifesto ao popular José Manuel Barreiro que o PP de Lugo é un partido grande, forte e con ganas de mellorar a sociedade que lle rodea, por iso “quero contar con todos os que formamos esta familia na confianza de que sumando seremos mellores e poderemos ofrecer máis aos nosos veciños”.

De igual maneira, estas reunións teñen un carácter recíproco e ademais de coñecer de primeira man as demandas dos lucenses, o PP de Lugo tamén aproveita este marco para informar das políticas do partido que se están a promover aos distintos niveis, local, autonómico e nacional.

A reunión celebrada hoxe con alcaldes, concelleiros e membros de comités locais tivo lugar na Casa da Cultura das Nogais, ás 21:00 horas, e está enmarcada dentro dun amplo calendario que ao longo do mes de xuño xa incluíu encontros na Mariña e en Chantada-Ulloa; e que continuarán mañá en Vilalba cos cargos públicos locais da comarca da Terra Chá e Meira.

           Asemade, estas xuntanzas que o propio José Manuel Barreiro cualificou en pasadas ocasións de “fundamentais” tamén se celebrarán en Lugo capital e comarca, en Sarria e un encontro en Monforte (comarca de Lemos e zona sur).

          Deste xeito, o Partido Popular de Lugo márcase a súa folla de ruta e propoñendo un punto de encontro periódico entre os distintos cargos públicos electos.